31/1/18

Celebramos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Despois do recreo, todo o alumnado e profesorado do colexio, xuntámonos no ximnasio para bailar e cantar "cancións do mundo":
  • EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
  • ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
  • ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
  • SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985. Nós fixemos unha tradución ao galego seguindo a versión en castelá.
Tamén fixemos a entrega dun diploma á gañadora do VIII concurso "Adhesivo pola Paz": 
Sonia Mora Seijo

29/1/18

Adhesivos para conmemorar o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


Os traballos finalistas para elaborar os adhesivos conmemorativos xa están expostos e mañá, durante a celebración farase a entrega dos mesmos.
Os finalistas foron os traballos de:
  • Sonia de 4º Infantil
  • Raquel de 6º Infantil
  • Irea de 1º curso
  • Martina de 5º curso
E a gañadora é Sonia de 4º Infantil

26/1/18

24/1/18

REUNIÓN DA MICRORREDE A MARIÑA

Na tarde do martes, 23 de xaneiro, ás 18:30 horas, na EEI San Roque de Viveiro, reunímonos as coordinadoras e coordinador das Bibliotecas dos 14 centroS que formamos a Microrrede A MARIÑA. 
A esta reunión asistiu Chelo Guntín Rey, da Asesoría de Bibliotecas (enlace norte) e foi moi ben recibida pois para nós supuxo un recoñecemento do traballo que levamos realizando ao fronte das diferentes Bibliotecas Escolares nos xa sete anos de vixencia da Microrrede.
Seguindo a "Orde do Día" perfilamos, máis polo miudo, os diferentes aspectos que conleva poñer en marcha un novo proxecto:
  • O título do mesmo será: A Mariña pensando en feminino.
  • Datas: do luns 7 ao xoves 10 de maio, nas salas de exposicións do Concello de Viveiro (Praza Maior).
  • Posta en común dos traballos a realizar polas familias. Nesta ocasión cada centro elixirá o aspecto a traballar sendo as mulleres o tema central:
    • "A miña..."
    • "Heroínas anónimas"
    • "Escritoras..."
    • "Voces en feminino"
    • "Oficios tradicionais en feminino"
    • "Superheroínas na Mariña"
  • Actividades dinamizadoras para os días da inauguración, exposición e clausura:
    • Confirmamos a creación de dous coros con alumnado de todos os centros que conforman a Microrrede, un con nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria e outro con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria xunto con alumnado de Secundaria.
    • Puxemos en común as cancións que poderían cantar e que non imos a desvelar para así poder sorprender os días da inauguración e clausura.
    • Ademais haberá outras actividades dinamizadoras que seguro gustarán a todo o público en xeral.
  • Reparto de tarefas: prensa, cartelería, protocolo...
A partir de agora cada centro levará a cabo o seu proxecto e expoñerao durante o mes de abril.
Serán moitas as comunicacións, a través das novas tecnoloxías, para resolver  todas as problemáticas que se vaian suscitando, pero serán as que irán motivando ás coordinadoras e coordinador da Microrrede para presentar a 7ª exposición da Microrrede PLAMBE A MARIÑA.



19/1/18

Achégase a celebración do Día da Paz e Non Violencia

Unha Cultura de Paz está formada por “todos os valores, comportamentos, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas, que acaban conformando a paz”.

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación No-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non Violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a No-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".
No noso blog  podemos ver todos os traballos que realizamos no colexio:

Día escolar da Paz e Non Violencia

http://diaescolardapazenonviolencia.blogspot.com.es/

 

9/1/18

Primavera das Letras

http://primaveradasletras.gal/
Acabamos de recibir este Diploma polo noso traballo no proxecto PRIMAVERA DAS LETRAS sobre Carlos Casares, traballado no curso 2016-2017.