Despois do recreo, todo o alumnado e profesorado do colexio, xuntámonos no ximnasio para bailar e cantar "cancións do mundo":
- EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
- ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
- ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
- SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985. Nós fixemos unha tradución ao galego seguindo a versión en castelá.
Tamén fixemos a entrega dun diploma á gañadora do VIII concurso "Adhesivo pola Paz":
Sonia Mora Seijo
No hay comentarios:
Publicar un comentario