24/11/12

25 de novembro

 Coa literatura podemos contribuir á educación en valores para erradicar esta lacra da sociedade actual. 


Esta guía, que é unha continuación da realizada no ano 2004, foi elaborada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (GALIX), a instancias da Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Educación, a través do seu Seminario Permanente de Educación para a Igualdade. Trátase dunha relación de 50 obras da literatura infantil e xuvenil en galego, destinadas aos nenos e as nenas de entre 0 e 18 anos. Tal e como se nos explica na súa Presentación e Limiar, faise unha escolma daquelas obras máis significativas da literatura infantil e xuvenil en galego nas que se recolle claramente o valor da igualdade entre nenas e nenos, o protagonismo feminino ou a ruptura con esquemas preestablecidos e xa caducos en relación con aptitudes e comportamentos marcados polo sexo das persoas protagonistas. Dirixido fundamentalmente aos mediadores e mediadoras, o documento estrutura as lecturas en grupos de idade, resume as temáticas máis interesantes de cada obra relacionadas coa educación e, para saber máis, propón obras relacionadas que lle permiten á persoa lectora afondar na temática elexida. 

 Para acceder ao documento en pdf premer na imaxe. 

 


19/11/12

Celebramos o día dos Dereitos dos Neno@s

Como cada 20 de novembro, na Bibliosoños celebramos o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas ou Dereitos da Infancia que son aqueles que posúen os nenos, nenas e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia. 
 

No Blog Dereitos da Infancia podemos atopar moita máis información.

15/11/12

Refraneiro sobre O MAR

Un refraneiro é un conxunto ou recompilacións de refráns baseados nas reflexións da sabedoría popular.
Este ano como estamos a traballar no proxecto sobre O MAR fixemos unha selección dos máis coñecidos na zona da Mariña.