31/10/18

Celebramos o Samaín

O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, para celebrar o Samaín, fixeron moitos traballos nas aulas e tamén en colaboración coas familias.
No seguinte vídeo podemos ver os mesmos e tamén a sesión de contos na biblioteca e a festa no ximnasio do alumnado de Infantil.

SESIÓN DE CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
Na mañá do día 31 de outubro o alumnado de Infantil participou dunha SESIÓN DE CONTOS DE MEDO na Bibliosoños, na mesma participaron as mestras:

María Pérez: A bruxa Endunda










Ana Lago: ¡Cómo mola tu escoba!
Cristina Freán: Pesadilla antes de Navidad

Para traballar en familia




27/10/18

APRENDEMOS CO SAMAÍN

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1399630174/contido/o_samain.html

26/10/18

Un día con actividades diferentes

O venres, 26 de outubro, o alumnado de 6º curso, recibiu unha charla informativa sobre o ACOSO a cargo de Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Ciudadana.
Esta charla está enmarcada dentro do: 
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias)

Despois do recreo, o alumnado de 5º e 6º curso acudiron ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver unha representación teatral encadrada no I Certame de Teatro Feito por Persoas con Diversidade Funcional "Superarte".

Nova doazón de libros

Nesta ocasión Noa de 4º curso fixo entrega de dous libros para a Bibliosoños.


25/10/18

Día de Celebración

Na mañá do mércores, 24 de outubro, na Bibliosoños e divididos en varios grupos, realizamos diferentes actividades:
No seguinte vídeo recóllese un pequeno resumo das diferentes sesións e traballos realizados previamente. 

Entrevista realizada polo alumnado de 5º curso a XOÁN NEIRA

23/10/18

VÍDEOS CONMEMORATIVOS

Para conmemorar o Día da Biblioteca Escolar elaboramos uns vídeos que combinan poesía, música e linguaxes diversas (debuxo, linguaxe con pictogramas, linguaxe de signos).

4º curso, POEMA: OUTONO de Xoán Neira
5º curso, POEMA: O MAGOSTO de Xoán Neira
6º curso, POEMA: O RATO DE BIBLIOTECA de Xoán Neira.


Encontro literario co poeta XOÁN NEIRA

O mércores, 24 de outubro celebramos
O DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
FALARÁ PARA O ALUMNADO  DE 4º, 5º E 6º CURSO
O POETA XOÁN NEIRA LÓPEZ

 O POETA FALA EN PRIMEIRA PERSOA
Nacín en Lugo, na parroquia de Meilán, alí nas beiras do pai Miño pasei a miña infancia feliz.
Fun primeiro a unha escola unitaria, unha daquelas de pao e tente teso.
Alí paseino moi mal, pero aos dez anos ingresei no instituto masculino e a cousa mellorou moito, rematei os estudos de maxisterio na cidade amurallada. Era un estudante aplicado.

Despois emigrei ao Sur, a Sevilla concretamente, onde aprobei as oposicións e comecei a exercer de mestre. Estiven cinco anos e polo ano 82 cheguei a Viveiro, así que xa me considero un viveirés máis.
Cando eu era pequeno apenas había libros infantís había, iso sí, libros de texto, tochos grosos, grandes enciclopedias como a Álvarez, con moita letra pequena e poucas ilustracións. As miñas primeiras lecturas foron: A illa do tesouro de Stevenson, que o debín de ler unha ducia de veces, Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas e xa despois Os soños na gaiola de Manuel María.
As miñas lecturas necesarias chegarían máis adiante, lembro El rayo que no cesa de Miguel Hernández, proporcionado polo profesor Alonso Montero, coma un dos primeiros libros impactantes nos meus tempos xa mozos.
Escribía cousas para mín, para ter gardadas, pero non me decidía a publicar, a perder o pudor, tal vez o feito de gañar o certame Meigas e Trasgos de Sarria e o de que meu irmán, Manuel Xosé Neira, xa levaba tempo escribindo, animoume.
Fun polo tanto un escritor un pouco tardío, empecei a publicar perto dos 40 anos.
Escribo para adultos e para neno@s. Para adultos publiquei Memoria e Soño, Nas varandas do abrente, Ás catro augas e Linguaxes (en colaboración con Otero Regal) e para nen@s comecei con Recreos que musicou Manuel Rodríguez e despois viñeron Xiz de Cor, Farrapos de nube, No cubil da lúa, Un niño no xardín, Chafarís, Gaiola Aberta e polo medio tamén houbo un contiño escrito a dúas mans con Vicente Míguez Coñece Celeiro, porto punteiro” .
Recibín varios premios que tamén me animaron a continuar neste mundo da literatura e … aquí sigo feliz agora neste Viveiro alegre, aquí na miña casa do Paraíso coidando o xardín, ensinando aos nen@s e escribindo versos.

Eu animovos a que escribades, é algo marabilloso, así poderedes vivir cantas vidas queirades, as que a na nosa curta existencia non nos permite. Pero para escribir hai que ler moito.

22/10/18

Esta semana estamos de celebración

O mércores, 24 de outubro, celebraremos o DÍA DA BIBLIOTECA  e como tódolos anos faremos actividades especiais:

·         ACTIVIDADES PREVIAS
  • Elaboración e exposición de Marcapáxinas

  • Exposición Libros Novos
  • Libro “Poemas para o outono”
  • Outros traballos nas aulas: murais, poemas, debuxos, cancións…

·         SESIÓN PARA INFANTIL
o   Ás 9:15 entrada na Bibliosoños
o   Que celebramos hoxe…?
o   Visualización no Blog “Os nosos traballos” das entradas dos murais e marcapáxinas.
o   Visualización dos vídeos conmemorativos:
OUTONO (4º curso)
O MAGOSTO (5º curso)
O RATO DE BIBLIOTECA (6º curso)
o   Lectura de poemas por parte do alumnado de 2º curso

·         SESIÓN PARA 1º, 2º e 3º CURSO
o   Ás 10:00 horas aprox. Entrada na Bibliosoños
o   Que celebramos hoxe…?
o   Presentación do libro “POEMAS PARA O OUTONO”
o   Entrega de agasallos pola participación
o   Visualización dos vídeos conmemorativos:

·         SESIÓN PARA 4º, 5º  e 6º CURSO
o   Ás 12:00 horas entrada na Bibliosoños
o   ENCONTRO LITERARIO co poeta Xoán Neira.
o   Lectura de poemas por parte do alumnado seleccionado.
o   Se da tempo, despois do obradoiro, visualización dos vídeos conmemorativos:
       


20/10/18

Novas doacións de libros

Nesta ocasión doaron libros á BIBLIOSOÑOS
  • Ana Fraga
  • Alonso Garrote
Agradecemos ás familias este xesto tan altruista e tan importante na educación dos seus fillos.

Poéticas Diversas na Biblioteca Escolar


POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.

Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.  

15/10/18

Achégate ao GAGAPIT!

O GAGAPIT é un deporte  de ritmo rápido que se xoga nun foxo octogonal.
Cantos máis xogadores, mellor! 
Xógase cunha pelota de escuma suave e combina as habilidades de esquivar, golpear, correr e saltar, mentres trata de tocar aos opoñentes por debaixo dos xeonllos coa pelota . Os xogadores deben seguir movéndose para evitar ser tocados. 
É divertido e fácil de aprender a xogar tanto para as persoas que xogan como as que miran. 
Fomenta:
  • Inclusividade; exercicio; creatividade;  igualdade de xénero; autoestima porque non se dañan emocionalmente (as nenas e nenos non choran ou enfadan cando perden e teñen que saír do octógono); non hai idade para xogar (a calquera idade, altura ou destreza pode xogar ao mesmo tempo e ter a mesma oportunidade de participar e poder gañar).
  • A actividade física axuda a construír as función executivas: atención, autocontrol, pensamento flexible, toma de decisións, impulsividade...


11/10/18

Rematamos as Sesións de Formación de Usuarios

Durante esta semana os diferentes cursos foron pasando pola Bibliosoños para recibir unha Formación de Usuarios, tamén entregamos os carnés, as Mochilas Viaxeiras, as Bolsiñas para Infantil, repasamos as normas, a distribución da Biblioteca e xa empezamos a preparar actividades para este tempo de outono.



4/10/18

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Na semana do 8 ao 11 de outubro levaremos a cabo varias sesións de Formación de Usuarios na BIBLIOSOÑOS.
Luns 8 a 3ª hora: 1º e 2º curso.
Martes 9 a 2ª hora: Infantil
Martes 9 a 4ª hora: 5º e 6º curso.
Xoves 11 a 5ª hora: 3º e 4º curso 
  • Bolsiñas "Libros que van e veñen"
  • Mochilas Viaxeiras
  • O PAPAGAIO (Xornal da xente miúda)
  • Proxecto ELBE.2
  • Participación nas diferentes actividades que propón a Bibliosoños
    • 1ª proposta: POEMA relacionado co outono.

    • 2ª Proposta: Aprendemos a canción O RATO DE BIBLIOTECA

    •  3ª Proposta: Elaboración de vídeos con poemas musicados
      • 4º curso: con DEBUXOS "OUTONO" de Xoán Neira.
      • 5º curso: con PICTOGRAMAS "MAGOSTO" de Xoán Neira.
      • 6º curso: con LINGUAXE DE SIGNOS "O RATO DE BIBLIOTECA" de Xoán Neira.