25/2/22

E CHEGOU O ENTROIDO

 Esta semana o cole estivo moi animado, primeiro cos mandatos do meco e hoxe venres, co desfile dos nenos e nenas polo barrio do Chao.

A continuación, amosámosvos un pequeno resumo do día.

Que vos divirtades moito neste entroido!!



22/2/22

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

 Rosalía de Castro é, sen dúbida, unha figura clave das Letras e da Cultura Galega. Naceu o 23 de febreiro de 1837 e converteuse en peza fundamental do"Rexurdimento  galego”, é dicir, do rexurdir da cultura galega. 

Precisamente nestes tempos, nos que todos esperamos iso, “rexurdir” canto antes despois de meses escuros, Rosalía continúa de plena actualidade a pesar do paso do tempo.

 No colexio lembramos a Rosalía con moitas actividades:

  • No seguinte vídeo recollemos retazos deste traballo

  •  Elaboramos unhas chapas e colgantes para cada neno e nena do noso mural

  • Traballo do alumnado de 6º de Ed. Primaria 
  •  Traballo do alumnado de 4º de Ed. Primaria
  • Na Aula de Educación Musical musicamos o poema de Rosalía "Paseniño, Paseniño"
PREMER NAS IMAXES

  • No blog Bibliosoños temos unha páxina especial dedicada a Rosalía onde recollemos os traballos realizados en diferentes cursos. PREME NA IMAXE


17/2/22

XA QUEDA POUCO PARA O ENTROIDO

 Ide preparando as vosas mellores vestimentas porque achégase tempo de entroido e...
O meco manda... o meco ordena
e si non o cumprides.... xa sabedes...
que pagaredes condena...
Premede no vídeo para ver os seus mandatos!




16/2/22

CHARLAS INFORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º de PRIMARIA

 

 O luns e martes, 14 e 15 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiron unhas sesións informativas a cargo do Policía Nacional Iván Castro Campos, Delegado de Participación Ciudadana, as mesmas están enmarcadas dentro do: Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Entornos.

Os temas abordamos foron:

  • Consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet (6º)
  • Acoso Escolar (5º)
O alumnado estivo moi atento ás explicacións e información audiovisual aportada polo policía Ivan, fixeron preguntas e tomaron boa nota dos consellos aportados.

Damos as gracias á Policía Nacional por colaborar con nós na tarefa educativa do noso alumnado.


11/2/22

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."  

O alumnado de 6º de primaria segue a realizar programas de Radio na Biblio.

Seguen traballando no proxecto documental "COÑECEMOS CELEIRO" e hoxe presentan unha entrevista a Daniel Fernández Caxete, un home moi involucrado na vida cultural do pobo e que formou parte de varias agrupacións musicais.

Foi fundador do grupo XISTRA e na actualidade é o director de SONS DE CELEIRO.

Esperamos que vos guste a entrevista


 

10/2/22

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro, a ONU celebra o Día Internacional da muller e da nena na ciencia, co fin aumentar e favorecer a participación das mulleres e das nenas neste ámbito

Actualmente, as mulleres científicas representan menos do 30% do total dos científicos do mundo, debido a que as mulleres se teñen que enfrentar a estereotipos, restriccións sociais e culturais que limitan o seu acceso a estudar carreiras científicas. 

Por outra parte, menos do 3% dos premios Nobel otorgados a investigacións científicas foron entregados a mulleres,  por iso, hai unha evidencia ante a falta de recoñecemento as súas aportacións e a necesidade de reducir esta brecha de xénero.

No seguinte Genially facemos un breve resume de mulleres que cambiaron o mundo co fin de saber un pouco delas. 

Esperamos que vos guste e aprendades cousiñas novas!




5/2/22

Viaxe cultural do alumnado de 5º e 6º de Primaria

 O venres, 4 de febreiro, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria fixeron a súa primeira saída deste curso para coñecer varios lugares do Concello de Cervo.

En primeiro lugar visitaron de forma guiada a fábrica de Sargadelos, podendo observar todo o proceso de produción, desde a manipulación da materia prima ata o pintado de cada unha das pezas.

A continuación visitaron o Museo de Sargadelos e a súa fabulosa biblioteca, aprendendo que este conxunto artístico non soamente foi arte, senón que formou parte activa da vida cultural galega con persoas tan destacadas como Isaac Díaz Pardo ou Luís Seoane.

A continuación foron a San Cibrao para facer unha visita ao Museo Provincial do Mar, onde disfrutaron de toda a animada información ofrecida pola súa guía. Observaron diversos animais, entre eles tartarugas ou ósos de baleas e recordaron a importancia da sostenibilidade e coidado da natureza.

Por último visitaron a Carpintaría de Ribeira deste mesmo pobo. Trátase dun traballo totalmente artesán e un oficio que se está perdendo e que non debemos esquecer.

Foi un día moi interesante!

PREME NA IMAXE PARA VER A REPORTAXE FOTOGRÁFICA