5/2/22

Viaxe cultural do alumnado de 5º e 6º de Primaria

 O venres, 4 de febreiro, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria fixeron a súa primeira saída deste curso para coñecer varios lugares do Concello de Cervo.

En primeiro lugar visitaron de forma guiada a fábrica de Sargadelos, podendo observar todo o proceso de produción, desde a manipulación da materia prima ata o pintado de cada unha das pezas.

A continuación visitaron o Museo de Sargadelos e a súa fabulosa biblioteca, aprendendo que este conxunto artístico non soamente foi arte, senón que formou parte activa da vida cultural galega con persoas tan destacadas como Isaac Díaz Pardo ou Luís Seoane.

A continuación foron a San Cibrao para facer unha visita ao Museo Provincial do Mar, onde disfrutaron de toda a animada información ofrecida pola súa guía. Observaron diversos animais, entre eles tartarugas ou ósos de baleas e recordaron a importancia da sostenibilidade e coidado da natureza.

Por último visitaron a Carpintaría de Ribeira deste mesmo pobo. Trátase dun traballo totalmente artesán e un oficio que se está perdendo e que non debemos esquecer.

Foi un día moi interesante!

PREME NA IMAXE PARA VER A REPORTAXE FOTOGRÁFICA


 

No hay comentarios: