31/10/12

Festa no colexio

 día 31 de outubro celebramos varias festas no colexio:
  • Pola mañá o Halloween e o Samaín.
  • Despois do recreo comimos castañas do noso Magosto.
  • Viñemos disfrados de esqueletos, bruxas, demos, cabazas...  Pasámolo moi ben! 


 
 

26/10/12

Sesión de contacontos no colexio

A Compañía de Teatro "Os Quinquilláns"  visitan o noso colexio para contarnos "A verdadeira historia de Artur e Morgana".
Moitas gracias pola vosa visita!
Con esta actuación queda inaugurado o novo escenario do salón de actos do colexio.



24/10/12

Día especial da Biblioteca Escolar

Hoxe, día 24 de outubro, celebramos con actividades especiais o Día da nosa Biblioteca.
Os alumnos de 1º curso, xunto coa súa profesora Rebeca Palmeiro, prepararon a dramatización do conto Nadarín, de Leo Lionni.
Despois, no blog da Bibliosoños, vimos o apartado adicado ás actividades que levamos facendo durante este mes de outono e cantámoslle as cancións que aprendimos sobre O MAR: Nadando sen parar e Glu, Glu, Glu.


23/10/12

No mes das Bibliotecas Escolares

Estes días na Bibliosoños os diferentes cursos están a traballar nas páxinas de recursos que temos no blog da Bibliosoños:

TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA

Formación de usuarios na Bibliosoños

Dentro do Proxecto Integrado  sobre O MAR,  os alumnos do 2º e 3º ciclo están visualizando uns Vídeos que elaborou o ex alumno Adrián Míguez e o profesor Vicente está a explicar o seu contido. 

Podemos velos neste enlace 

Tamén estamos recordando as diferentes cancións que lle adicamos á nosa mascota, Rufo e á Bibliosoños.

Podemos ver os vídeos nesta páxina 

 


22/10/12

Libros da editorial OQO

Este curso imos seguir recibindo as novidades da editorial OQO.
Acabamos de recibir a colección Conto cinco sentidos.
Clicade na imaxe para ter máis información.

19/10/12

Exposición dos Marcapáxinas

Como todos os anos, dende a Bibliosoños, convocamos a todos os alumnos a elaborar os Marcapáxinas con motivo da celebración do Día da Biblioteca.
Xa están rematados e expostos ao longo das escaleiras.
Este ano o tema está relacionado co Mar.

Traballos dos alumnos de 6º curso

Os alumnos e alumnas de 6º curso, despois de traballar nunha sesión de Formación Documental na Biblioteca, elaboraron uns traballos sobre o outono e a Festa do Magosto.
Son traballos pequenos pero que transmiten o aprendido sobre a búsqueda de información  e documentación.
Animádevos e a seguir traballando!.


11/10/12

Montaxe da exposición "O MAR"



Este martes, día 9 de Outubro, montamos a exposición permanente O MAR.
Para levala a cabo contamos coa inestimable colaboración dos exalumnos e irmáns Suso e Toni Fernández Fernández, naturais de Celeiro, bandeira dos colaboradores sempre implicados en todo tipo da actividades referente á cultura e difusión da marca Celeiro.
O material fotográfico foi cedido polo Seminario de Estudos “Terra de Viveiro”, con imaxes do seu arquivo e do fotógrafo Xavier Lombardero.

A mostra preséntase na entrada principal do colexio. 
Na parte esquerda pretendemos representar a réplica dunha chabola cos aparellos propios necesarios para a pesca: redes, agullas de coser o aparello, remos, risón… así coma unha retrospectiva con imaxes da actividade pesqueira nas súas variadas artes: cerco, arrastre, bonito…
Na parte dereita expóñense as roupas de augas e de salvamento marítimo, ademáis dos aparellos relativos á navegación, comunicación e pesca: alidada, compás, sestante, radar, sonda, bitácora, libro de navegación coas páxinas de acaecimentos…
Complétase a exposición cunha mostra de bivalvos e crustáceos do noso litoral e todo ilustrado con fotografías da memoria colectiva mariñeira do noso porto.
Dende o Centro invitamos ás familias a visitar esta exposición.



Dentro do proxecto O MAR están programadas as visitas a un barco do arrastre, a un mercante, explicación práctica de especies mariñas, así coma unha viaxe-excursión ao Parque Nacional das Illas Atlánticas con visita ao Museo da Fundación Massó. Contaremos coa colaboración dos profesionais do mar Andrés Díaz Ferro, Capitán da Mariña Mercante e Práctico de Porto, José Pino González, Capitán de Pesca e José Míguez Fernández, xefe de cancha de Puerto Celeiro S.A.

10/10/12

Hoxe as Mochilas empezan a viaxar

No mes de outubro preparamos moitas actividades para celebrar o Mes das Bibliotecas Escolares. 
Hoxe fixemos entrega dos carnets de Biblioteca aos alumnos de primaria e tamén puxemos en marcha as 
MOCHILAS VIAXEIRAS...BOA VIAXE! 

9/10/12

Chegou á Bibliosoños "El ratoncito Pérez"

Hoxe chegou á Bibliosoños este fermoso libro.



3/10/12

Traballos documentais

Os alumnos e alumnas de 6º curso están elaborando murais sobre a temática do mar.
Óscar Canoura xa entregou o seu traballo que se pode ver na seguinte presentación

2/10/12

Refráns do outono

Esta recompilación de refráns do outono foi elaborada no CEIP Esteiro de Ferrol

 

1/10/12

Infantil na Biblioteca

Como xa nos chegaron as novas bolsas para levar os libros para a casa, todos os alumn@s de Infantil participaron nun acto onde as profesoras lles explicaron todo o procedemento para levar os libros da Bibliosoños e como teñen que cuidar as bolsiñas azuis.
Tamén tiveron tempo para escoitar e ver os vídeos da última canción para a Biblioteca e unha sesión de contacontos da profesora Cristina.