30/10/19

SAMAÍN NO COLEXIO

E chegou o SAMAÍN!!!


Contacontos na Bibliosoños para o alumnado de Infantil 
a cargo das nais de Alex e Sara
de 6º de Infantil,
da mestra Cristina e 
do mestre Dani


A ANPA do colexio xa ten un LOGO

A ANPA do noso colexio convocou un concurso de ideas para o alumnado de Primaria no que tiñan que  crear un LOGOTIPO de identificación para a mesma.
A reposta foi moi satisfactoria pois participaron uns 40 nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria.
O gañador do concurso foi Raúl Pernas de 3º curso con este debuxo:

Hoxe na Bibliosoños as nais fixeron entrega dun agasallo especial ao premiado e outro agasallo a cada un dos participantes:




Hoxe, 30 de outubro, tamén a través da ANPA, tivemos unha sesión de 



29/10/19

1º apadriñamento lector do curso

Na nosa biblioteca realizamos uns Apadriñamentos Lectores moi especiais no que as nenas e nenos contan, canta, bailan...
Nesta ocasión o alumnado de 3º curso representou unha lectura de B. Araiz  e que titularon "Bienvenid@s al restaurante RICO Y MUSICAL", para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 4º curso.


26/10/19

Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía”

  ACCESO AOS MATERIAIS

Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía”

O venres, 25 de outubro, a coordinadora da Biblioteca do noso colexio participou na Xornada de Biblioteca Creativa  no apartado de    

Foi unha xornada moi intensa de aprendizaxe, de compartir novas experiencias e de convivencia.
Coas pilas cargadas e con proxectos para este curso comezaremos a realizar novos programas. 

 

 

25/10/19

Obradoiros de igualdade no colexio

O luns, 21 e martes 22, de outubro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nos Obradoiros de Igualdade impartidos por Freddy Gonçalves e organizados pola ANPA do noso colexio.

Freddy Gonçalves explica o que traballaron:

 A partir de una dinámica que incluye la lectura de libros, ver vídeos musicales e incentivar un debate, las chicas y chicos participan en una entrevista para llevar a cabo pequeñas misiones secretas en nombre de la igualdad. Comenzamos con una conversación acerca de la identidad y la identidad cultural, que nos lleva a pensar en quiénes somos y en cómo ponernos en los zapatos del otro para conocernos un poco mejor entre compañeros. Esto dará pie para reflexionar sobre los estereotipos alrededor de las chicas y los chicos, ¿cómo nos ven los demás y cómo nos vemos a nosotros mismos? 
A partir de ese debate, las conclusiones a las que llegamos, damos por terminada la entrevista y procedemos a enfrentar diversas misiones. Estas misiones son actividades lúdicas y reflexivas alrededor de la tolerancia, la igualdad de género, el respeto y el poder de las palabras y los gestos en nuestra relación cotidiana con el otro. Esto los llevará a construir una identidad propia como colectivo, siendo iguales pero respetando sus diferencias.

24/10/19

Día da Biblioteca Escolar

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, no noso colexio celebramos este día realizando un vídeo especial no que os voluntarios e voluntarias da Biblioteca van contando o que nela levamos a cabo. Tamén nos contan que estamos a celebrar o 10º aniversario  de permanencia no PLAMBE, do blog, da mascota Rufo e da súa canción.

Nas aulas, as nenas e nenos fixeron o tradicional marcapáxinas
 co tema deste 10º aniversario

 Tamén preparamos dous vídeos con pictogramas das cancións
 "Unha festa especial" e "Canción para Rufo"




23/10/19

150 aniversario do nacemento de Antonio Noriega Varela

Viveiro pechou o domingo, día 20 de outubro, os actos para conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Antonio Noriega Varela. Fíxoo cun acto no Teatro Pastor Díaz no que a poesía, a historia e a música foron as protagonistas. Actuou o coro  Tempus  Fugit; dous familiares de Noriega Varela e Víctor  Rolle recitaron poesía e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Novo, explicou quen foi o autor de  Do  Ermo e a súa vinculación coa cidade do Landro.
Os actos iniciáronse o sábado, cunha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa conmemorativa (obra de Otero Regal) na casa na que viviu en Viveiro os seus últimos anos.
No colexio fixemos un mural coa súa vida e obra para recordar a este insigne escritor nado en Mondoñedo pero que viviu a súa última etapa da vida en Viveiro.
No colexio temos a dous tataranetos do gran POETA DA MONTAÑA: Aurora e Marcelo Rodríguez Fernández-Noriega.


21/10/19

Participaremos nesta xornada de formación


Xornada Biblioteca Creativa “Comunicación e Cidadanía”

O vindeiro venres 25 de outubro reuniranse en Compostela (EGAP) profesores e profesoras dos centros integrados nos programas BIBLIOTECA CREATIVA, RADIO NA BIBLIO e Bibliotecas LÍA.2, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa.     

LER MÁIS

 

14/10/19

Lecturas na Bibliosoños

 LUNS, 14 DE OUTUBRO

 
Hoxe, Día das Escritoras, voluntarias e voluntarios da biblioteca leron o libro de María Canosa "Caderno de lúas", durante o tempo de lecer e tamén na HORA DE LER.


11/10/19

Poñemos en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS



O Voluntariado da Bibliosoños colaborou hoxe na posta en marcha das Mochilas Viaxeiras.



Día das escritoras


 LUNS, 14 DE OUTUBRO 

O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. 
A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. 

Desde a Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura. 

NA BIBLIOSOÑOS, DURANTE O RECREO, FAREMOS LECTURAS DE FRAGMENTOS DE LIBROS DE ESCRITORAS GALEGAS, A CARGO DOS VOLUNTARIOS e VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA. 
Exposición de libros

8/10/19

7/10/19

Continuamos no programa de "Radio na Biblio" durante o curso 2019/2020

https://sites.google.com/view/ceip-celeiro-radio-na-biblio/p%C3%A1xina-principal
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a Resolución de 7 de outubro de 2019 pola que se dá a coñecer a relación de centros que se incorporan ao programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020, así como os centros que continúan no programa xunto coas asignacións concedidas para o desenvolvemento das actuacións previstas na convocatoria de 3 de setembro de 2019.

3/10/19

Primeiras actividades na BIBLIOSOÑOS

Comezado o curso a Bibliosoños xa está poñendo en marcha moitos dos seus proxectos:
 
 
  • Voluntariado na Biblioteca a cargo de alumnos e alumnas de 5º curso
  • Entrega de bolsiñas para levar o libro ás casas e carnets da biblioteca
  • Seguimos coa subscrición do xornal O PAPAGAIO 
  • O alumnado de 6º curso recibiu unha formación con Xerardo e Damián de PONTE NAS ONDAS pois eles serán os encargados de levar este curso a RUFOSOÑOS.

Lema para o curso 19-20



O lema proposto ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía".
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta. (LER MÁIS)