30/1/14

Vídeos das actividades no Día da Paz

VÍDEO DE FOTOS NA BIBLIOSOÑOS E NO XIMNASIO


VÍDEOS DAS CANCIÓNS E DANZAS



SOLTA DE POMBAS


28/1/14

27/1/14

Mariñeiros por un día

Singradura para escolares
(Crónica de Vicente Míguez)

Dentro da campaña que desenvolve a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo para achegar o mundo mariñeiro a escolares, este xoves 34 alumn@s do colexio de Celeiro, acompañados de dous profesores, asistiron a unha serie de actividades que lles ocuparon toda a mañá. Inciaron esta particular singradura nas oficiñas de Puerto Celeiro onde un operario da lonxa presentoulles as instalacións e dependencias da rula, detallándolles todo o proceso de comercialización do peixe, dende a descarga ata que se vende. Así mesmo, impartiu un clase práctica de distinción das especies mariñas máis comúns nos portos galegos, unha experiencia que viviron coa entrada no peirao da lancha “Playa de Cillero” que botou as capturas dunha boa marea diante do alumnado; o patrón atendeu ás preguntas plantexadas por algún neno explicándolles o arte de miños e trasmallos cos que faenan algunhas embarcacións de baixura.
Dentro da programación establecida visitaron a planta de viveiros onde gardan o marisco, asistiron a dúas charlas impartidas por Ignacio, que lles presentou o sublift, máquina para izar embarcacións de tonelaxe da baixura cando precisan reparación ou para servizo de mantemento.
Finalmente, no Centro Vicente Gradaílle, dous profesores de Salvamento Marítimo describiron cunha clase práctica as medidas de seguridade abordo así como a secuenciación nos casos de salvamento dunha embarcación.
A Confraría de Celeiro agasallou aos participantes con camisetas, material escolar ademais de información relativa ao mundo do mar,específicamente ao sector pesqueiro.

24/1/14

Pegatina para A PAZ

O xoves, 23 de xaneiro, rematou o prazo de presentación de traballos (debuxos e lema) para o concurso da pegatina que todos os anos facemos para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia".
Houbo moita participación e a elección foi moi difícil. Despois dunha dura deliberación a elexida foi a de Daniela Escudeiro, alumna de 2º curso. NORABOA!!!
Con todos os traballos fixemos unha exposición na entrada do colexio.


22/1/14

Poesía para a Paz

Na seguinte presentación podemos ver e ler algunhas das poesías máis fermosas que nos falan da PAZ E NON VIOLENCIA.

21/1/14

Traballo especial na Bibliosoños

Os alumnos e alumnas de 6º curso cantan e bailan a canción elexida para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia": SIYAHAMBA.

20/1/14

Novas páxinas de recursos

Para traballar nas aulas "A PAZ" elaboramos as nosas propias páxinas de recursos para poder acceder dun xeito máis sinxelo á información que precisamos.
Este curso engadimos unha páxina especial a NELSON MANDELA, e tamén a páxinas das "nosas cancións 2014"

18/1/14

Vídeo conmemorativo

Dende a Bibliosoños elaboramos este pequeno vídeo conmemorativo para o Día da Paz e Non Violencia, esperamos que vos guste



17/1/14

Preparando as actividades "Día da PAZ"

a estamos moi animados preparando as actividades para conmemorar o "Día da Paz e Non Violencia", que celebraremos todos xuntos o xoves, 30 de xaneiro.
Na seguinte presentación podemos ver todo o que faremos:


Tamén vos deixamos as bases para a elaboración da pegatina

10/1/14

Máis libros novos para a Bibliosoños

No rincón das exposicións xa están os últimos libros que mercamos para a Bibliosoños.

Pronto estarán preparados para que os levedes ás vosas casas para ler e disfrutar deles.


9/1/14

Comezamos o 2º trimestre



ImageChef.com - Obtener Código para Facebook, Hi5, Orkut, MySpace & más.
Rematadas as vacacións de Nadal voltamos ás clases con moita ilusión e ganas de traballar...
Este 2º tremistre comeza o xoves, 9 de xaneiro e remata o venres, 11 de abril. Recordamos que o venres, 14 de febreiro é un dos días elexidos de libre disposición.



Durante este tempo faremos moitas actividades complementarias, saídas culturais, celebracións...
  • 30 de xaneiro, Día da Paz e Non Violencia.
  • 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.
  • 3, 4 e 5 de marzo, Tempo de Entroido.
  • 8 de marzo, día da Muller Traballadora.
  • Do 10 ao 14 de marzo, Semana da Prensa na Escola.
  • 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, Da Árbore e Da Auga.
E... seguiremos traballando no Proxecto Integrado de Dinamizacións "O Antigo Exipto".