31/3/16

Comezo dun novo proxecto da Microrrede A Mariña

A Microrrede PLAMBE A MARIÑA pon en marcha o seu novo proxecto para este ano. Vai xirar en torno á figura do homenaxeado nas Letras Galegas: Manuel María.
Todos os centro participantes levarán a cabo traballos baixo diferentes aspectos da vida e obra de Manuel María.
O noso centro decidiu elaborar tarxetas nas que se traballará plásticamente a faciana de Manuel María e pola parte traseira estará adicada á parte literaria.
Na seguinte presentación van as instrucións para realizar o traballo en familia, tendo de plazo ata o venres, 15 de abril.

30/3/16

2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc.


RINCÓN DAS EXPOSICIÓNS





21/3/16

Días da árbore e da auga

No colexio celebramos estas datas tan importantes renovando as plantas do parque infantil e plantando rosais e un castiñeiro.

20/3/16

6º venres lector

O venres, 18 de marzo, para celebrar o día da Poesía, os nenos e nenas de 2º curso, xunto coa súa profesora Maricarmen, prepararon unhas fermosas poesías para lerlles aos seus compañeiros na Biblioteca. O libro que escolleron foi "O xardín de Irene" de Xosé Neira Vilas. Esta actividade forma parte dos Apadriñamentos Lectores (6º venres lector). No seguinte vídeo podemos ver  o ben que o fixeron!.

18/3/16

Libros de poesía

 Recomendamos esta pequena seleción de libros de poesía que temos na Bibliosoños.



17/3/16

Venres lector a cargo dos nenos e nenas de 2º curso

Para celebrar o Día Mundial da Poesía e dentro do proxecto Apadriñamentos lectores: "Venres Lector", os nenos e nenas de 2º curso van lerlles aos demais cursos un libro de poesías de Xosé Neira Vilas "O xardín de Irene".

16/3/16

Celebracións: auga, árbore e poesía

Esta semana rematamos as clases do 2º trimestre e virán as vacacións de Semana Santa, na que se celebrarán varias datas moi importantes:
Durante esta semana no colexio estamos levando a cabo varias actividades e que remataremos o venres recitando poesías e facendo diferentes plantacións.
Tamén fixemos unha pequena exposición de libros e traballos relacionados coas celebracións.


14/3/16

Viaxes culturais

Na xornada do venres, 11 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso puxeron rumbo á Santiago de Compostela para levar a cabo varias visitas:

No mesmo día, os nenos e nenas de 3º e 4º curso fixeron a  súa viaxe cultural a Lugo onde poideron visitar:
Ambas xornadas remataron con gran éxito pois tiveron un día climatolóxico moi bo e as visitan foron moi aproveitadas e aprenderon moitas cousas novas.

8/3/16

Exposición "As mulleres da miña vida"

Hoxe, 8 de marzo, día da Muller, presentamos a seguinte exposición e traballos realizados polos alumnos e alumnas do colexio.
NESTA PÁXINA ESPECIAL atopamos moita información.

3/3/16

Libros novos na Bibliosoños

Na seguinte presentación podemos ver o expositor das novidades con libros moi interesantes que acaban de chegar á Bibliosoños.
No rincón das conmemoracións xa temos libros e traballos para celebrar o día Internacional da Muller (8 de marzo).

1/3/16

Para traballar o Día da Muller

Durante esta semana e ata o día 8 de marzo, nas aulas e nas casas, os nenos e nenas do colexio van a indagar e traballar sobre esta celebración. Aprenderán o por que deste día e investigarán sobre o tema deste ano, "Por un planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero".

NESTA PÁXINA ESPECIAL atopamos moita información.
https://sites.google.com/site/igualdadecoeducacionxenero/

Tamén faremos unha gran exposición baixo o título:
"As mulleres da miña vida"
Por iso pedímosvos que ller proporcionedes aos vosos fillos e fillas as fotos das mulleres que para eles son importantes.
Recomendamos que as fotos veñan acompañadas dun pequeno texto onde se indique o motivo de por que é importante esa persoa para o neno ou nena.

A foto deberá vir pegada cunha cinta adhesiva nun folio e no pé da foto o texto.

Tamén nos valen fotografías escaneadas e impresas.