Na Bibliosoños temos unha colección de contos que leva por título: O baúl dos MONSTROS da editorial Baía Edicións.
E como hoxe é O SAMAÍN, as profesoras Rita Lamas e Lorena Rivas quixeron contarlle a Rufo e tamén a tod@s vós o conto O Esqueleto.
Bo día familias, nenos e nenas!
Achégase o día da noite mais arrepiante do ano... o Samaín... unha noite especial na que nos rodeamos de morcegos, meigas, cabazas, pantasmas e mais seres terroríficos.
Pois, para que pasedes esa noite con moito medo.... amosámosvos unha recompilación de libros que, ademais de facervos tremer.....gustaranvos e divertiranvos moito!!
ARTIGO DO BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que están sempre ao noso carón.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
O pasado venres 16 de outubro, celebramos o día da Educación Inclusiva, educación que promovemos no noso cole, como unha educación para todos os nenos e nenos sen discriminación de ningunha natureza e con todos os apoios necesarios para que reciban unha educación de calidade.
E por iso, este curso, dotamos a nosa biblioteca con moitos fondos que fan referencia á mesma.
A continuación, amosámosvos unha pequena recomendación dalgúns libros dos que dispoñemos e recordarvos que esto é unha pequena mostra deles, porque son moitos os que temos.
Esperamos que vos guste!
LUNS, 19 DE OUTUBRO
Desde a Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia propóñennos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.
DURANTE A SEMANA DO 19 AO 23 DE OUTUBRO, NA HORA DE LER, FAREMOS LECTURAS DE FRAGMENTOS DE LIBROS DE ESCRITORAS GALEGAS.
RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS
TAMÉN ESTAMOS A DOTAR DE NOVOS FONDOS Á BIBLIOTECA CON LIBROS ESCRITOS POR AUTORAS CONTEMPORÁNEAS.
Durante a semana do 5 ao 9 de outubro imos facer unha formación de usuarios da nosa biblioteca escolar:
Seguiremos a seguinte presentación: