21/12/18

FESTIVAL DE NADAL E VISITA DO APALPADOR


E xa chegamos ao final do 1º trimestre, todo estaba preparado para o gran día!.

O alumnado de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina Freán, prepararon unha dramatización moi especial do conto "O Apalpador e o arco da vella".
Tamén cantamos as panxoliñas que preparamos para este Nadal.
Tivemos a visita especial do noso particular Apalpador e por último disfrutamos  dunha pequena sesión de cine nas diferentes aulas.
Foi un día moi especial!
FELICES VACACIÓNS DE NADAL
 
NO BLOG DO NADAL PODEMOS VER OS VÍDEOS
CLICA NA IMAXE


https://nadal09-10.blogspot.com/2018/12/festival-de-nadal-e-visita-do-apalpador.html

20/12/18

O castiñeiro do Apalpador

Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos?

Todo isto o descubrimos neste fermoso libro e na adaptación dramatizada que realizaron as nenas e nenos de 6º curso, xunto coa súa titora Rita Lamas.


NO VÍDEO PODEMOS VER A ACTUACIÓN 




19/12/18

O Apalpador e o arco da vella

Hoxe tivemos a visita dos usuarios da Residencia DOMUS VI de Viveiro que nos contaron o conto do Apalpador e o arco da vella de Xoán G.
Participamos todo o colexio e pasamos uns momentos moi agradables con todos eles.
Moitas gracias pola vosa visita.




18/12/18

AMBIENTAMOS O NOSO NADAL

Esta semana remata o primeiro trimestre e xa temos a ambientación de Nadal casi rematada. 
No seguinte vídeo podemos ver o Belén de Infantil e de Primaria, ás árbores de Nadal, as tarxetas de felicitacións... 
A comunidade educativa do colexio quere desexar un 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2019

Aprendemos moitas cousas sobre CORREOS

https://www.correos.es/ss/Satellite/site/pagina-inicio/sidioma=gl_ES
 












O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, na Biblioteca do Colexio, tiveron  a visita de dúas carteiras, Loreto e Elisa Rapa, tía e nai de Antía de 2º e Adrián de 5º Infantil.
Elas levan moitos anos sendo carteiras do servizo de Correos.
Explicáronlles todo o procedemento desde que escribimos e enviamos unha carta ata a entrega e recepción do destinatario.
Fixeron moitas preguntas e aprenderon moitas cousas sobre este importante servizo de comunicación.
Moitas gracias ás dúas pola súa dispoñibilidade e atención hacia o noso alumnado.





16/12/18

Concerto de Nadal na Igrexa de Celeiro

O coro do colexio foi invitado a cantar na Igrexa Parroquial de Celeiro o domingo, 16 de decembro. Cantaron para as familias e veciños un programa cheo de vilancicos, panxoliñas e cancións e Nadal.
Difrutaron moito e foron moi aplaudidos polo numeroso público que asistiu a este pequeno concerto.


NOTICIAS NA PRENSA

LA VOZ DE GALICIA, A MARIÑA

14/12/18

Actividades especiais do colexio

O coro do colexio participou na tarde de onte no Mercado Solidario que organiza a Residencia DOMUS VI de Viveiro, tamén donamos lotes de tarxetas de Nadal feitas polo noso alumnado.
Foi unha tarde entrañable en familia; as nenas e nenos cantaron para os residentes que os escoitaron con moita atención e foron moi aplaudidos.
Tamén queremos publicar o vídeo da panxoliña inédita deste Nadal "Alo no Portal", con imaxes relacionadas coa ambientación do colexio. Con este vídeo participamos no concurso da CRTVG "A Canción do Nadal 2018".

13/12/18

Seguimos recollendo información

Ponte...nas Ondas! Información para irmos collendo forzas para comezar coa RADIO NA BIBLIO
http://pontenasondas.org/a-orixe/

http://pontenasondas.org/ponte-nas-ondas/

Colaboramos co Mercado Solidario


11/12/18

O emprego da radio na escola

A radio implica imaxinación, maxia, música, expresión, comunicación, coñecemento, diversión, reflexión e tamén tecnoloxía, novidade e realidade social.
Para máis información podemos ver a seguinte presentación de Javier Prado Espiñeira, membro do grupo REDE ESPORA:
http://espora.eu/
 
https://docs.google.com/presentation/d/1bWw9SvId-RLNRgG_-TMsdZ-hLcdH1IWRvQILmJjI5Iw/edit#slide=id.p

Nova doazón de libros

María Lago López, alumna de 6º de Primaria, fixo doazón de libros para a nosa biblioteca.
Moitas gracias a ela e a súa familia.

10/12/18

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

http://www.un.org/es/events/humanrightsday/
O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. Este ano celebramos o 70º aniversario.

5/12/18

RADIO NA BIBLIO

Resolución da convocatoria do proxecto Radio na biblio, para centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2018/2019

O pasado mes de outubro solicitamos este proxecto para levalo a cabo dende a nosa Biblioteca; onte saiu a resolución e estamos seleccionados xunto con outros 29 centros de toda Galicia (entre eles o CEIP Plurilingüe de Covas).
O Programa Radio na Biblio semella un mosaico ben colorista de fermosas iniciativas onde o alumnado cobra un protagonismo especial, as nenas e os nenos modelan a súa competencia comunicativa en contextos multimedia ao tempo que enriquecen os seus proxectos de investigación con formatos audiovisuais.
Este trimestre está rematando polo que comezaremos a "poñernos nas ondas" para o vindeiro ano. Estamos moi ilusionados e quédanos moito traballo que facer para poñer en marcha o proxecto e realizar as nosas primeiras producións sonoras.

3/12/18

Apadriñamento Lector

Hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria, presentou o Apadriñamento Lector que estiveron preparando estas semanas. Prepararon os textos, a indumentaria, o atrezzo, decorados...
A obra elixida nesta ocasión foi o abra musical 
"Nun mercado persa" 
de Albert William Ketèlby.

É unha pequena composición escrita en 1920 onde  Ketèlbey tenta describir musicalmente o ambiente dun mercado de Bagdad.

A música describe sucesivamente:
  •     A chegada dos  camelleros e o paso  majestuoso das súas monturas.
  •     O canto dos esmoleiros.
  •     A chegada da Princesa.
  •     Os malabaristas e os encantadores de serpes.
  •     O paso solemne do Califa visitando o mercado.
  •     De novo o canto dos esmoleiros, a melodía da princesa e a caravana dos  camelleros afastándose, simbolizando o final do mercado no crepúsculo.