23/9/13

Chegou o outono

Para traballar nesta época de outono podemos atopar moita información NESTA PÁXINA    do colexio

   

20/9/13

Proxecto E-LBE, lectores electrónicos na nosa biblioteca.

O noso centro está incluído no proxecto E-LBE, polo que contará cun equipamento de 3 dispositivos de lectura electrónica que utilizaremos en función dos obxectivos do Proxecto Lector de Centro e coa orientación que o equipo de biblioteca crea máis oportuno. 
Achégase:

18/9/13

Resolución do PLAMBE

Que é o PLAMBE?
PLAMBE: PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Co obxectivo de facer realidade unha rede de bibliotecas escolares activa, a Consellería de Educación vén realizando desde o curso 2005/2006 unha convocatoria anual para incentivar o deseño e posta en marcha de novos proxectos educativos para a organización e dinamización da biblioteca escolar.
Os centros incluídos no Plan reciben orzamentos especiais para dotación de fondos, equipamentos informáticos e audiovisuais, mobiliario e gastos de funcionamento da biblioteca; ademáis pasan a formar parte dunha lista de correos PLAMBE a través da que reciben información e asesoramento, comparten  materiais e recursos, intercambian opinións; reciben unha formación específica e nalgunha das zonas reúnense periodicamente para poder manterse coordinadas.
Na actualidade e despois da novena convocatorio son 524 os centros incluidos no PLAMBE.

O noso centro incorporouse  no curso 2009-2010, na V convocatoria, e dende entón vimos recibindo uns orzamentos moi importantes que fixeron dar un impulso de mellora na nosa biblioteca que como todos sabedes ten o nome de BIBLIOSOÑOS.

Hoxe saiu no DOG a resolución definitiva:  
Todos os centros incluídos neste programa reciben axudas para  renovar os fondos da colección (sexa en formato impreso ou electrónico); á súa vez, os centros que se incorporan nesta convocatoria e os centros da convocatoria 2012 reciben axudas significativas para mellorar os equipamentos necesarios de cara á ofrecer servizos e realizar actividades propias das funcións que lle corresponden á biblioteca escolar: apoiar o desenvolvemento dos currículos en todas as áreas de aprendizaxe, formar lectores competentes, espertar o gusto pola lectura en todos os sectores da comunidade educativa (é dicir, servir de recurso fundamental ao desenvolvemento dos Proxectos Lectores de Centro);  contribuír a adquisición de competencias clave para o alumnado, como son a competencia de aprender a aprender ou a competencia mediática e informacional.  
Todas estas funcións están recollidas no artigo 113 da LOE e na normativa curricular vixente. 

17/9/13

Preparando o curso escolar

Estes primeiros días do curso son de preparativos, así na Biblioteca estamos revisando e preparando o PROXECTO LECTOR DE CENTRO E O PLAN ANUAL DE LECTURA.
Para unha maior información podedes ler a seguinte información:

13/9/13

Xa comezamos o novo curso

Xa comezamos o novo curso, reencontrámonos cos nosos compañeiros, coñecemos a outros novos, os nosos profesores e profesoras ensínannos as novas clases...estamos moi ledos, sobre todo na hora do recreo!.
Esperamos que sexa un bo curso!, teremos tamén moitas actividades na BIBLIOSOÑOS.
O tema para o Proxecto Integrado de Dinamizacións (P.I.D.) tratará sobre as Primeiras civilizacións: EXIPTO.

2/9/13