22/6/19

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Chegamos ao remate do curso e como todos os anos temos actividades especiais:
  • O xoves, por xentiliza da ANPA do colexio, tivemos a gran actuación do Mago "KIKO CARROLO" que nos fixo pasar unha mañá moi agradable e divertida. 
MOITAS GRACIAS A NOSA ANPA QUE TANTAS ACTIVIDADES NOS REGALAN!!!

  • O venres, o alumnado de 6º de Infantil e 6º de Primaria foron os encargados de ofrecernos un FESTIVAL MOI ESPECIAL. 
Traballaron un montón e en moi pouquiño tempo, por iso hainos que felicitar a eles e máis ás súas mestras. 
MOITAS FELICIDADES POLO TRABALLO E 
POLO PASO 
A UNHA NOVA ETAPA ESCOLAR!!!
A continuación podemos ver un pequeno resumo das actuacións

18/6/19

Hoxe gradúanse as nenas e nenos de 6º Infantil

Que gran día o de hoxe!. 
Na Biblioteca todo estaba preparado para recibir ao alumnado e profesorado de Infantil, un acontecemento moi especial ía ter lugar como cada ano ao rematar o curso escolar.
Primeiro chegaron os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil e logo xa fixeron entrada todo o alumnado  da aula da titora Cristina Freán Lamela é dicir os nenos e nenas de 6º infantil que xa rematan esta etapa  tan importante.
Despois de saudar, visionamos un vídeo resumo da súa etapa, cando chegaron con tres anos ata o día de hoxe; tiveron palabras de agradecemento para todo o profesorado; a súa titora entregoulles a cada nena e neno un diploma; por último houbo moitos agasallos, bicos e abrazos. 

VÍDEO RESUMO DA PROMOCIÓN

VÍDEO RESUMO DA GRADUACIÓN


Doazón de libros para a Bibliosoños

A alumna de 2º curso, Irea Vale Iglesias, acaba de donar 3 libros:
  • Uxía queda na casa con Iria
  • Érase una vez un mundo mejor
  • ¡Voy a comeDte!
Dende a Bibliosoños dámoslle as grazas  a ela e á súa familia pola súa xenerosidade!

17/6/19

Actividade Extraescolar de PINTURA

Durante este curso 2018-2019 a ANPA ofertou diversas actividades extraescolares e hoxe queremos presentarvos os traballos realizados na actividade de PINTURA, impartida pola profesora OLIVA DÍAZ MEJUTO que nos conta o que traballaron durante o curso:

Neste curso estudamos a teoría da cor: círculo cromático (cores primarias, secundarios,  complementarios, cores frías e cálidas). Traballamos con distintas técnicas artísticas (lapis grafito, ceras, lapis  acuarelables, acuarelas, pasteis e acrílicos).
Demos renda solta á imaxinación desenvolvendo a creatividade e traballando con texturas elaborando un cadro abstracto con técnica mixta e partindo da mancha de cor.
Tamén nos divertimos con xogos que nos axudan a coñecer a grandes xenios da pintura así como a súa obra.
Debuxamos facendo especial  fincapé no encaixado do debuxo no papel (bosquexo).
E sobre todo DIVERTÍMONOS APRENDENDO nesta actividade na  que participaron novas  artístas con idades comprendidas entre os tres e os doce anos.
Pola miña banda moi feliz cos resultados. Moitas grazas pola vosa implicación: OLIVA DÍAZ MEJUTO.

13/6/19

A excursión de 1º e 2º curso

O xoves, 13 de xuño, o alumnado de 1º e 2º curso, xunto coas profesoras Angélica, Cristina e Eva, foron de excursión de fin de curso ata o Monte San Roque.
Alí participaron das actividades do Parque de Aventuras  que se estreou fai uns días.
Despois disfrutaron dunha comida campestre e xogos.
Pasáronno moi ben!!!



12/6/19

Último mural da colección "As árbores de 2º curso"

Hoxe presentamos o último mural do proxecto deste curso "Ao abeiro dos nosos montes".
Nesta ocasión o alumnado de 2º curso rematou o mural sobre O EUCALIPTO. 
Tamén fixeron o vídeo que pertence ao traballo "Colección de árbores de 2º curso".




11/6/19

Unha visita moi especial!!!

Hoxe, o alumnado de 4º curso, tivo unha visita moi especial: María Rolle a autora do libro "Esta non é outra historia de piratas".
Na aula de 4º curso leron este libro que lles gustou moitísimo e como María, a autora, acudiu á nosa invitación, poidemos disfrutar da súa especial presentación do libro.


Tamén poideron facerlle moitas preguntas que ela contestou con gran cariño. Ademais fixéronlle entrega dun mural coa súa interpretación de todas as persoaxes do libro e por último cantáronlle a canción que preparamos no colexio e da que ela mesma escribiu a letra.


9/6/19

Un novo programa da RUFOSOÑOS

Presentamos un novo programa de RADIO NA BIBLIO, a nosa RUFOSOÑOS.
Trátase dunha entrevista realizada a catro nais: Carmen, Natalia, Rocío e Rosa que acudiron este curso á Escola de Nais/Pais que impartiu a Orientadora do Centro Virginia Jiménez.


6/6/19

MICRORREDE A MARIÑA: "A POESÍA QUE SENTIMOS"

Esta semana, do 3 ao 6 de xuño, estase levando a cabo a Exposición da MICRORREDE A MARIÑA.


No seguinte enlace podemos ver todo o relacionado co proxecto deste curso:

"A POESÍA QUE SENTIMOS"

5/6/19

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Para conmemorar esta data tan importante PUERTO CELEIRO S.A. ofreceunos unha actividadede concienciación e aprendizaxe en relación ao uso dos plásticos que están contaminando os nosos mares.
Primeiro tivemos unha charla informativa, despois fixemos un xogo divididos en varios equipos.
Finalmente rematamos facendo reflexión sobre o uso abusivo dos plásticos.
Tamén nos regalaron unha bolsiña de tea para non ter que usar bolsas de plástico.

MOITAS GRACIAS a Puerto Celeiro por vir ao noso colexio.

MURAL DO ALUMNADO DE 2º CURSO


4/6/19

Damos comezo a Exposición Conxunta da MICRORREDE A MARIÑA

Na tarde do luns, 3 de xuño, os equipos dos diferentes centros que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da exposición deste curso:
Este ano volvemos a contar coa colaboración do Concello de Viveiro pois nos ceden a Sala Multiusos e a Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal. Tamén colaboran con nós o Centro Comercial Casco Histórico, o Conservatorio de Música, o IES Monte Castelo, o Concello de Xove.
Na tarde do martes, 5 de xuño, faremos a inauguración con moitas e variadas actividades: música, poesía... coa asistencia de autoridades e todo o profesorado dos centros.Dado que é moi probable que teñamos mal tempo, o acto de inauguración trasládase ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A exposición estará aberta en horario de 18:00 a 20:00 horas para o público en xeral; tamén haberá horarios especiais para aqueles colexios e colectivos que o soliciten.