Na tarde do luns, 3 de xuño, os equipos dos diferentes centros que
formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da
exposición deste curso:
Este ano volvemos a contar coa colaboración do Concello de Viveiro pois
nos ceden a Sala Multiusos e a Sala de Exposicións da Biblioteca
Municipal. Tamén colaboran con nós o Centro Comercial Casco Histórico, o Conservatorio de Música, o IES Monte Castelo, o Concello de Xove.
Na
tarde do martes, 5 de xuño, faremos a inauguración con moitas e variadas actividades: música, poesía... coa asistencia de autoridades e todo o profesorado dos centros.Dado que é moi probable que teñamos mal tempo, o acto de inauguración trasládase ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A exposición estará aberta en horario de 18:00 a 20:00 horas para o
público en xeral; tamén haberá horarios especiais para aqueles colexios e
colectivos que o soliciten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario