Durante este curso 2018-2019 a ANPA ofertou diversas actividades extraescolares e hoxe queremos presentarvos os traballos realizados na actividade de PINTURA, impartida pola profesora OLIVA DÍAZ MEJUTO que nos conta o que traballaron durante o curso:
Neste curso estudamos a teoría da cor: círculo cromático (cores primarias, secundarios, complementarios, cores frías e cálidas). Traballamos con distintas técnicas artísticas (lapis grafito, ceras, lapis acuarelables, acuarelas, pasteis e acrílicos).
Demos renda solta á imaxinación desenvolvendo a creatividade e traballando con texturas elaborando un cadro abstracto con técnica mixta e partindo da mancha de cor.
Tamén nos divertimos con xogos que nos axudan a coñecer a grandes xenios da pintura así como a súa obra.
Debuxamos facendo especial fincapé no encaixado do debuxo no papel (bosquexo).
E sobre todo DIVERTÍMONOS APRENDENDO nesta actividade na que participaron novas artístas con idades comprendidas entre os tres e os doce anos. Pola miña banda moi feliz cos resultados. Moitas grazas pola vosa implicación: OLIVA DÍAZ MEJUTO.

No hay comentarios:
Publicar un comentario