Rosalía de Castro é, sen dúbida, unha figura clave das Letras e da Cultura Galega. Naceu o 23 de febreiro de 1837 e converteuse en peza fundamental do"Rexurdimento galego”, é dicir, do rexurdir da cultura galega.
Precisamente nestes tempos, nos que todos esperamos iso, “rexurdir” canto antes despois de meses escuros, Rosalía continúa de plena actualidade a pesar do paso do tempo.
No colexio lembramos a Rosalía con moitas actividades:
- A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propuxo para traballar o lema #SementadePensamentos
- No seguinte vídeo recollemos retazos deste traballo
- Elaboramos unhas chapas e colgantes para cada neno e nena do noso mural
- Traballo do alumnado de 6º de Ed. Primaria
- Traballo do alumnado de 4º de Ed. Primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario