8/6/17

Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa

O noso centro acaba de rematar a participación no  
Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa
EU=QUE TI
que promove ASPANANE
https://www.aspanane.org/#inicio
Asociación de nen@s e adolescentes con necesidades especiais
Este Programa ten como obxectivos mellorar as posibilidades dunha inclusión real das persoas con discapacidade na comunidade. Pretende achegar o coñecemento da discapacidade á comunidade educativa (Infantil e Primaria) contribuíndo, con ela, no fomento de actitudes e valores como a solidariedade, o respecto e o apoio mutuo.
Participan no programa:
  • Encargada: Isabel Otero Rodríguez
  • Usuarios e usuarias: José Manuel Vázquez , Mª José Rivas, Sara Breijo, Luis Tiagonce, Oliva Ferro , Fran Serantes, Belinda Parapar, Fernando Lamelas, Ángeles Pérez.
A través de Unidades Dicácticas levan actividades prácticas nas que o alumnado, a través de diferentes dinámicas e de maneira activa, acadará un maior coñecemento e empatía cara as persoas con discapacidade. 
Cinefórum. A través de diferentes vídeos preténdese que o grupo reflexione e interiorice as vivencias dunhas realidades e actitudes proxectadas neles.
A acollida do Programa por parte do noso alumnado está sendo excepcional, participan activamente das actividades e amósanse curiosos ante as preguntas e retos que se lles plantexan.
Sorprende a empatía e os lazos que se crean  cos usuarios e usuarios de ASPANANE.
Queremos agradecer a todo o colectivo da Asociación a labor que está a facer no noso Centro con todo o noso alumnado e profesorado e animalos a que sigan transmitindo os valores que tanto se precisan nestes tempos.





No hay comentarios: