Na mañá do xoves 22 de xuño, os nenos e nenas que participaron no Obradoiro de Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez Salgueiro, puxeron en escea a obra de teatro:
TELEINVASIÓN
A obra fai un repaso polos programas da tele de maior
actualidade. Unha visión divertida que alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º representaron
en seis actos: Pasapalá, Telexornal de novas vellas, Mira quen cociña, miña
madriña, Coleimpiadas 2017, A Revista Xa
Vale, Despacito e Vaia trola: Naseiro!
Como vén sendo característica do teatro escolar, dende o
curso 1992-1993 que iniciou a súa andaina no noso colexio, as obras reivindican
tres aspectos: didáctico, valores humanos e humor.
No mes de setembro estas magníficas actrices e actores
escenificarán a obra para os pais na Casa do Forno.
O vindeiro curso continuaremos ensaiando de outubro a xuño
e van 25 anos, un cuarto de século con Teatro Escolar no Colexio de Celeiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario