O alumnnado de 6º de Infantil coa súa titora, Maricarmen Lázaro e a alumna de 5º curso, Inés Cachón, acadaron o 1º e 3º premio respectivamente no
Este concurso ten como obxectivo facer partícipes da Festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
O noso centro sempre participa neste concurso acadando premios moi meritorios e así este ano hai que felicitar a todo o alumnado de 6º de Infantil e a súa mestra Maricarmen por ese 1º premio así como a Inés Cachón polo seu 3º premio.
NORABOA POLO VOSO TRABALLO BEN FEITO!
ACTO DA ENTREGA DOS PREMIOS
O traballo ou cartel que presentou o alumnado de 6º curso está basado nunha foto antiga de Celeiro onde se pode observar as casas, a praia, os barcos... e como primeiro plano ás mulleres coas cestas na cabeza cargando o peixe que pescaron os homes no mar.
É unha homenaxe ao importante rol da muller no mundo do mar.
Cartel de Inés Cachón Oulego, alumna de 5º de Primaria e que levou o 3º Premio do V Concurso Infantil de debuxo festa da merluza do pincho de Celeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario