16/10/17

Outubro, mes da Biblioteca Escolar

Desde o ano 2008, a proposta da  IASL (International Association of School Librarianship) é que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible no conxunto das comunidades educativas, a importancia da Biblioteca Escolar e todas as súas posibilidades e recursos.
No noso centro a Biblioteca ábrese a toda a comunidade educativa a primeiros de outubro cun amplo programa de actividades que culminan o día 24, Día da Biblioteca Escolar, cun programa máis especial:
Programa para o martes, 24 de outubro:
  • Exposición de marcapáxinas elaborados nas aulas durante este mes. 
  • Exposición de libros novos para a Biblioteca e a Revista o PAPAGAIO do mes de outubro.
  • Sesións na Biblioteca:
    • Presentación dos libriños da convocatoria da procura de refráns, ditos e cantigas do outono.
    • Entrega de agasallos aos participantes (según sorteo).
    • Apadriñamento lector do alumnado de 4º de primaria. Recitarán os poemas do libro Chafarís, de Xoán Neira.
    • Visionado do vídeo conmemorativo.
      • Canción: O rato de Biblioteca. Poema de Xoán Neira
      • Musicado por Pedro Rodríguez Pérez e Marta Pérez Lage
      • Cantado e dramatizado polo alumnado de 6º curso
 

No hay comentarios: