28/3/12

Día do libro Infantil e Xuvenil

O luns, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, imos estar de vacacións de Semana Santa pero dende este blog podemos recordar este día e aprender moitas cousas.
Tamén propoñemos esta actividade para facer en familia:

Dentro do proxecto da Biblioteca e en colaboración con outras Bibliotecas dos centros PLAMBE da zona (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), pretendemos cara as conmemoracións dos vindeiros meses (mes do libro, Letras Galegas) propoñer ás familias a participación nunha actividade que leva por título:

“DE ONTE A HOXE:  lembrando o pasado”
Ten como obxectivos a recuperación da literatura infantil como fonte de pracer, fomentar hábitos de lectura, recuperación e lembranza dos libros que forman parte da memoria das familias.
Por iso enviámosvos un folio para que, co membro da familia que decidades, recorde co neno/a os contos que lía de pequeno, cal era o seu favorito e logo faredes:
·         Na esquerda cubrides os datos que se vos pide.
·         Na dereita unha pequena obra plástica libre (exemplos: fotocopia da portada do libro, debuxo dos personaxes, fabricar o zapato da Cincenta e pégalo,…)
Á volta das vacacións e ata o 13 de abril enviádenos o folio co traballo plástico para facer unha exposición no centro e logo no mes da maio farase outra conxunta cos centros participantes nun local público. 

                                                              Un saúdo  o    Equipo da Biblioteca.

No hay comentarios: