10/6/14

Inspección do Río Landro

Dentro do Proxecto Ríos: "O Río Landro no Concello de Viveiro", levamos a cabo unha actividade moi interesante, tanto para o alumnado coma para o profesorado.
Na mañá do martes, 10 de xuño, e despois de aplazalo en tres ocasións por mor da choiva, os alumnos e alumnas do 3º ciclo, xunto cos profesores Antonio, Tina e Marta, fumos cara o Val do Naseiro a inspeccionar o Río Landro no treito onde se leva a cabo a Romaría do Bo Xantar.
Paco Bañobre, da Asaciación Ecolóxica ADEGA, foi o encargado de guiarnos e ensinarnos todo o relacionado coa vexetación, flora e fauna dos ríos e concretamente a do Río Landro.
Recordamos o nome de moitas árbores que nacen ao pé dos ríos, dos insectos, aves, réptiles, anfibios e demáis animais que habitan nestas augas.
Paco foi o encargado de meterse no río e recoller mostras de animais para logo nós poder observalas e clasificalas por familias; tamén analizamos o PH da auga, a temperatura...

Unha vez vistas as características do Río Landro chegamos á conclusión de que está en moi bo estado.
Seguiremos aprendendo moitas cousas máis sobre os ríos e no vindeiro curso seguiremos inspeccionando o mesmo para concienciarnos de que é necesario coidar a nosa natureza.


No hay comentarios: