Todos os nenos e nenas de Infantil tiveron unha sesión moi especial na Bibliosoños pois a profesora Cristina contoulles o conto ZERALDA E O DRAGÓN de Agustín Fernández Paz.
Con el participamos na actividade 21 DÍAS CO GALEGO.
A actividade rematará coa elaboración dun vídeo no que os nenos e nenas recomendarán o conto a outros nenos e nenas que o queiran ler.
Un dragón, unha princesa e un bruxo nunha aventura marabillosa.
Un libro sobre o terrible dragón Smaug, que ten aterrorizada a xente da
comarca, pois ataca de cada pouco os seus habitantes e rouba canto haxa
de valor. Zeralda, a princesa de Moebia, decide vingarse del. Mentres o
monstro dorme, róuballe o tesouro que gardaba na súa cova. Daquela, o
dragón, coa axuda do Bruxo Vello, convértese nun mozo garrido, o
príncipe Xabrín, e consegue enganar a Zeralda cos seus encantos. Un
conto que segue o modelo dos relatos clásicos marabillosos, tanto na
temática como na estrutura e nas fórmulas narrativas, e no que destaca o
rol protagonista concedido á princesa.
Na sesión de lectura do conto pasámolo moi ben e despois comentamos o que máis nos gustou e a quen lle podía gustar este libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario