12/1/17

Proxecto do curso 16-17

O proxecto para traballar conxuntamente este curso, está relacionado coa pintura e concretamente co IMPRESIONISMO
Queremos conseguir con este proxecto, un achegamento ao mundo da pintura, da creatividade e da expresión. Dar a coñecer ao noso alumnado distintas técnicas pictóricas e distintas correntes pictóricas que se sucederon ao longo dos anos.
Este proxecto, no seu conxunto, pretende dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas. Consideramos que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha contorna da cultura visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos, propaganda nas caixas de correos; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen continuamente neles. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte mediante un novo enfoque das artes plásticas, un proxecto globalizador e creativo mediante o cal se convida aos nenos e nenas a coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras.
Non pretendemos por tanto, preparar ao neno para...., senón permitir que o neno descubra as súas posibilidades en relación aos demais e ao medio, actúe, decida e se  exprese. Debuxar e pintar para comunicarnos cos demais.
Propoñemos  o  traballo  da Expresión  Plástica  e,  máis  en concreto,    do Impresionismo, a través deste  proxecto de traballo, xa que consideramos que é unha forma de traballo que propicia e favorece a implicación activa dos nenos, sendo eles os   que   constrúen   as súas   propias   aprendizaxes   a través da experimentación,   a observación  e  a manipulación,  favorecendo  o desenrolo  da autonomía,  a imaxinación e a creatividade.


COÑECER E GOZAR DA ARTE CONTRIBÚE A SENSIBILIZARNOS E SUPÓN OUTRA MANEIRA DE EXPRESAR OS NOSOS SENTIMENTOS.

Todo o relacionado co proxecto quedará recollido na seguinte páxina de recursos:

https://sites.google.com/site/proxectodocumentalintegrado/

Nela tamén atoparemos moita información para levar a cabo os diferentes traballos

No hay comentarios: