Durante as dúas primeiras semanas do mes de abril imos levar a cabo varias actividades relacionadas co proxecto "Ao abeiro dos nosos montes".
- Luns 1, o alumnado de 1º e 2º curso viaxan ata o Barqueiro no concello de Mañón para visitar a Mina Sonia de Cuarzos Industriais.
- Martes 2, o alumnado de 5º e 6º recibe a visita de Roberto Cabo Pérez, inxeñeiro de montes e membro do Espazo Agroecolóxico A Estruga, que lles falará dos montes, os seus usos e tamén como interpretar planos dos mesmos.
- Xoves 4, o alumnado de Infantil recibe a visita de Marcos Besada, inxeñeiro agrícola e membro do Espazo Agroecolóxico A Estruga, que lles falará do Xardín Botánico do noso Colexio.
- Venres 5, o alumnado de 3º e 4º curso recibe a visita de Carlos Méndez, presidente da Comunidade de Montes "San Roque", quen falará de como se xestiona a mesma.
- Mércores 10, o alumnado de 1º e 2º curso recibe a visita de Marcos Besada para falarlles da flora e fauna dos nosos montes.
En posteriores entradas no blog iremos poñendo os traballos realizados e que tamén quedarán recollidos na PÁXINA ESPECIAL DO PROXECTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario