Hoxe é o DÍA DO LIBRO
Día Mundial do Libro 2019
No noso colexio para conmemorar esta data realizamos un montón de actividades:
- Nas aulas traballamos a figura do Xenial Miguel de Cervantes Saavedra e lemos as adaptacións da súa obra DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
- Nas casas, coas nosas familias, preparamos os traballos para a MICRORREDE A MARIÑA, que este ano vai sobre A POESÍA QUE SENTIMOS. Todos os traballos formarán parte dunha gran exposición na que participan moitos colexios da Mariña.
- Outras actividades que nos quedan por facer en relación ao Día do Libro son a visita da autora María Canosa e tamén de Anxo Moure.
- O alumnado de 2º curso recoméndanos a lectura do libro "Fernando e o oso polar" de Carmen García Iglesias.
- My favourite books, o alumnado de 6º curso estivo na aula de 6º de Infantil para contarlles cales son os seus libros favoritos.
- Un programa de Radio na RUFO SOÑOS realizado polas alumnas de 6º curso: Leire, Nayara, Ainara, Ana, Elena e Ánxela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario