5/4/19

EXPERIENCIAS DE LABORATORIO

Despois dun estudo profundo dos diferentes reinos a nosa titora, a titora de 6º curso Rita, propuxo facer un Laboratorio para realizar diferentes experimentos cos seres vivos. 
Así comezaron coa procura dos diferentes obxectos necesarios para a actividade: microscopios, porta e cubre obxectos, pinzas, chisqueiros, potas… Tamén o “agar agar”, azul de metileno, auga fervida, moscas, peles, sangue, iogur, pelo, auga da charca e do acuario, alimentos… 
Con todos os materiais citados anteriormente comezaron a preparar os experimentos e así fixeron 5 grupos. Cada un deles tiña que traballar un reino preparando e ensinando aos diferentes cursos de primaria os seus experimentos. 
No reino das bacterias prepararon experimentos visualizando as bacterias da auga, da saliva e do iogurt. A través do microscopio podíase visualizar uns puntiños azuis e algunhas células. 
No reino dos animais prepararon experimentos visualizando unha mosca, as células do sangue, un pelo e pel humana. A través do microscopio puideron ver as diferentes células. 
No reino das plantas prepararon experimentos para visualizar un pétalo de flor, unha capa das cebolas, mofo do acuario e algas da charca. Sorprendeu moito ver a capa da cebola porque podían observar unha cor azul ao impregnala con azul de metileno. 
No reino dos fungos prepararon experimentos para ver a través do microscopio alimentos con mofos, como por exemplo unha fresa, unha mandarina, kefi, pemento e o queixo. 
No reino das protistas observaron auga da charca, do acuario, algas e auga do billa. A través do microscopio podíase ver os protozoos que son uns seres vivos unicelulares que se desprazan mediante cilios. Observaron os diferentes tipos de protozoos; ameba, paramecios, tripanosoma e vorticela. Sorprendeunos moitísimo todo o que se pode atopar nunha pequena gota de auga. 
Realizaron 5 sesións de experiencias no laboratorio e en cada sesión participou un curso de primaria. Para o alumnado de 6º curso foi unha experiencia moi boa porque aprenderon a traballar como científicos e científicas e ademais amosaron o seu traballo aos compañeiros e compañeiras mais pequenas.

No hay comentarios: