“MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR”
Nesta edición, a
campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como
complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos
centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal
obxectivo é achegar ás novas xeracións, escolares de primaria e
secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir
in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e
tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue
ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o
respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos
produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en
valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma
sustentable.
O alumnado de 3º e 4º de primaria visitan a lonxa e o heliporto de Celeiro o xoves 23 de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario