CLICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS PUBLICADAS NA VOZ DE GALICA
NOTICIA DO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA"
O tempo primaveral axudou a que o Correlingua batera este
ano récord de participación na Mariña, contando nesta edición con máis
de dous mil alumnos da comarca paso a paso ou correndo en
Viveiro baixo o lema "En galego, sen cancelas". Moita xente nova
arroupando o seu idioma e dándolle máis vida en tempos difíciles nos que
as estatísticas constatan a perda de galegofalantes. De aí a
importancia dunha cita como o Correlingua, baixo a organización de
CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola
Normalización Lingüística, coa colaboración na cita mariñá do Concello
de Viveiro.
Nenos e adolescentes, xeracións de diferentes idades,
compartiron espazo na cidade do Landro nunha mañá do
máis reivindicativa, os máis pequenos dando un paseo dende a zona do
pavillón deportivo ata a Praza Maior onde os agardaba Cé Orquestra
Pantasma para entretelos e facerlles bailar e os máis grandes correndo. A
festa final contou coa coñecida actriz galega Isabel Risco de
presentadora do evento que tamén deu a coñecer máis talentos, como as
animacións musicais do IES de Foz. Un dos grupos gañadores do concurso
Cantalingua e Alberto Sobrado puxeron a nota musical da xornada, na que a
lectura do manifesto correu a cargo de alumnos do CEP Lois Tobío de
Viveiro.
Participantes na carreira do CORRELINGUA, quedando gañadores en 1º e 2º lugar da súa categoría:
Participantes na carreira do CORRELINGUA, quedando gañadores en 1º e 2º lugar da súa categoría:
David Rego e Lucas Fanego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario