4/5/22

PROXECTO DA MICRORREDE A MARIÑA

 A MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA é un Proxecto Colaborarivo das Bibliotecas Escolares da Mariña que pretende buscar fórmulas para dinamizar as comunidades educativas a través da literatura coa ansia de darlle un novo sentido ao hábito lector do alumnado. Esa inquietude por facer un traballo colaborativo xurdiu no ano 2011 despois dos Encontros PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares). 

Daquela a maior parte dos centros escolares da Mariña Occidental xa formabamos parte deste programa e aí xermolou a idea de formar unha estrutura de traballo asociativo, co fin de intercambiar experiencias de fomento da lectura e da cultura en xeral... Como? Levando a cabo un proxecto anual común que incidise sobre as comunidades educativas e fomentase a implicación das familias no hábito lector.

Desde entón, ano tras ano, a Microrrede non fixo máis que medrar: sacando para diante once proxectos consecutivos (incluíndo  o ano 2020#QuedaNaCasa e o ano 2021 que foi de xeito virtual, a través do blog MICRORREDE A MARIÑA)

Este ano 2022 o proxecto que presentamos é: A VOLTAS COAS PALABRAS

A temática vennos dada polo lema que escolle a Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso: A Biblioteca Escolar ten a palabra.

Presentamos o cartel que foi realizado por Izan Fra Fernández, alumno de 2º de BACHARELATO de Artes no IES Monte Castelo de Burela.

Cada centro presentará un "cadro artístico" que levará incluídos códigos QR que nos dirixirán á actividade realizada por cada centro escolar.

A Exposición será na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro, durante a semana do 9 ao 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Esta exposición tamén se poderá realizar noutros Concellos da Mariña.

 

Este é o noso cadro que representa un cardume de peixes. Os códigos Qr levarannos aos traballos realizados a través do Poxecto Documental Integrado: COÑECEMOS CELEIRO

A exposición contará cada día con diferentes Actividades Dinamizadoras:
    • Encontros con escritores recoñecidos.
    • Participación do Conservatorio de Música de Viveiro
    • Os centro educativos tamén serán protagonistas en cada xornada da exposición con diversas actuacións musicais, de representación, dramatización, lecturas, contacontos...

 

PROGRAMA DE ACTOS:

LUNS 09/05/2022
ACTO DE INAUGURACIÓN
18:00h
. Discurso inaugural.
. Faladoiro co xornalista, escritor e contador de historias, Pablo J. Rañales.
Presentará o seu libro “Siervos de tinta”, de Valhalla Ediciones.
. Actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio
Profesional de Música de Viveiro.

MARTES 10/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do CEIP de Covas:
- Representación "Non é unha caixa", a cargo do alumnado de 1° EP.

MÉRCORES 11/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do IES María Sarmiento de Viveiro:
- Presentación do Diario do Sarmiento (radio contra o acoso escolar) e
do podcast Las Grandiosas Tigresas Barbudas.

XOVES 12/05/2022
18:00h
. Actividade dinamizadora do CEP Lois Tobío de Viveiro:
- Contaconto “A biblioteca ten a palabra”, a cargo de Rebeca Palmeiro.
- Conto musicado “Nica, a canica”, a cargo do alumnado de 1o EP.

VENRES 13/05/2022
ACTO DE CLAUSURA
18:00h
. Discurso de clausura.
. Actividade dinamizadora do CEIP de Celeiro:
- Coral “A palabra feita música”.
. Actuación musical da Orquestra de guitarras do Conservatorio Profesional de
Música de Viveiro.
 

No hay comentarios: