(Nestes días de quedar na casa pode ser unha boa ocasión para lembrar actividades que fixemos no colexio con motivo desta e outras moitas celebracións)
Hoxe, 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía 2020, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística.
Durante a 30 reunión da UNESCO, en París en 1999, o organismo proclamou o 21 de marzo, como Día Mundial da Poesía, a proposta do editor Antonio Pastor Bustamante.
Ao principio propúxose o 23 de abril, pero como xa se celebraba nesa data o Día Mundial do Libro, decidiuse finalmente o 21 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera no hemisferio Setentrional.
Este día busca promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión, e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.
A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar a forma na que usamos as palabras e o noso modo de percibir a realidade. Exprésase de maneira diferente e sutil e consegue comunicar cousas de maneira diferente.
Lembrade a proposta da BIBLIOSOÑOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario