Co remate deste curso o alumnado de 6º de Primaria
tamén remata a súa escolaridade no colexio de Celeiro.
As experiencias vividas nestes anos son innumerables, e estamos seguros que o chegar hoxe aquí para moitos non foi fácil, estes anos requiriron de moito esforzo e dedicación e hoxe non é máis que o resultado de todo o seu empeño.Tocoulles vivir nunha época difícil en todos os sentidos, pero amosaron ser fortes e con ganas de superación.
Deron un paso esencial no seu camiño da educación pero aínda teñen moitos que dar e por iso lles pedimos que sigan esforzándose para chegar a lograr todo o que desexen.
A vosa titora, Eva e todos os demais profesores,
deséxanvos moitos éxitos na vosa vindeira etapa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario