Realizar un programa de “radio virtual”, con motivo da pronta celebración do Día das Letras Galegas que este ano están dedicadas a Ricardo Carvalho Calero.
Este será o voso último programa de RADIO NA BIBLIO (RADIO NA CASA) dadas as circunstancias que estamos a vivir por mor do CORONAVIRUS.
Dentro do guión do programa faremos dúas partes diferenciadas:
- Biografía e obra do autor homenaxeado… Cada un/unha lerá a súa parte correspondente
- Tamén cada un e unha de vós redactará unha entrada sobre o que queirades expresar: como vos atopades, o que votades de menos, o que faredes cando todo volva á normalidade, que é o que estades a facer, os libros que estades a ler ou tarefas que estades a realizar, o que votades en falta… é dicir todo aquelo que se vos ocorra.
- Primeiramente xa sabedes que tedes que escribir o texto
- Practicar a súa lectura para unha correcta expresión
- Por último gravádeo nun pequeno vídeo (teléfono en horizontal) que non debe exceder dun minuto e que terá que levar unha introdución cun saúdo e dicindo o voso nome.
- Os vosos profesores: Paco e Marta, encargaranse de editar e publicar o programa de radio “especial” realizado por todos vós.
- Agardamos que participedes todos e todas.
- Tedes de tempo ata o vindeiro xoves, 14 de maio ás 14:00 horas.
- Enviades os vídeos ao seguinte correo: bibliotecaceleiro@gmail.com
Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario