O venres, 21 de febreiro, despois dunha semana chea de "antroidadas" celebramos a nosa Gran Festa.
- O desfile fixémolo no Pavillón porque chuviscaba un pouquiño. Tivemos moito público e aplaudíronnos moito as nosas familias.
- Tamén fixemos os bailes e cancións que tiñamos preparadas.
- Tomamos un chocolate moi rico acompañado de rosquillas, orellas, fereixos e outras larpeiradas
- Rematamos novamente bailando e xogando no patio pois xa quixo saír o sol.
Viva o Entroido no Colexio!
Viva o Entroido en Celeiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario