Para rematar o curso escolar xa ven sendo tradición celebrar esta actividade deportiva que organiza a profesora de Educación Física, Eva Martínez, coa colaboración do profesorado do colexio.
Este ano o día amenceu chuvioso polo que non poidemos acudir ao estadio de fútbol do Cembedo, pero iso non impediu que a "MILLA" se levara a cabo no Pavillón do Colexio.
Esta xornada deportiva de integración e valoración social contou coa participación de atletas
divididos en diferentes categorías.
Na mañá do mércores, 20 de xuño, despois do recreo, xuntámonos no Salón de Actos para celebrar o Fin de Curso cun pequeno Festival con Teatro, Bailes e Cancións.
Tamén despedimos ao alumnado de 6º curso facéndolles entrega dun diploma, orla e foto recordo por parte do seu titor Paco Gil.
Na mañá do luns, 18 de xuño, o alumnado de 3º e 4º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Xulia e Rosa e a coordinadora da actividade, a profesora de Educación Física Eva, partiron cara ao Cembedo para asistir a unha clase práctica de piragüismo impartida a través do
Na Biblioteca, todo estaba preparado para recibir ao alumnado e profesorado de Infantil, un acontecemento ía ter lugar como cada ano ao rematar o curso escolar.
Primeiro chegaron os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil e logo xa fixeron entrada todo o alumnado da aula da titora Ana Lago é dicir os nenos e nenas de 6º infantil que xa rematan esta etapa tan bonita e tan importante.
Despois de saudar, visionamos un vídeo resumo da súa etapa, cando chegaron con tres anos ata o día de hoxe; tiveron palabras de agradecemento para todo o profesorado; a súa titora entregoulles a cada nena e neno a orla da promoción; por último houbo agasallos para as profesoras por parte das familias.
Foi un acto de graduación moi emocionante con choros, risas, aplausos, palabras de agradecemento...
Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González,
está no noso centro co alumnado de 6º curso desenvolvendo o programa
que ensina aos menores os riscos da internet e das RRSS.
O mércores día 13 de xuño, as alumnas e alumnos de 5º
e 6º de Primaria marharon cara á Praia de Esteiro (Mañón) para disfrutar dunha intensa
xornada de clases de Surf, a cargo da
Comezaron cunhas clases teóricas na area nas que lles
explicaron as partes de táboa, a posición básica, e fixeron uns xogos de
quecemento para pasar á auga, onde todo o alumnado subíu á táboa e
“surfearon”.
Queremos dende aquí facerlle chegar á nosa gratitude aos
monitores da Viveiro Surf Escolapola súa magnífica
acollida e por todo o que nos ensinaron.
Os días 28, 29 e 30 de maio, as clases de 5º e 6º de Primaria fumos de excursión a Asturias para realizar una programa de "Multiaventura a tope".
Na primeira parada vimos a Universidade Laboral de Gijón e comimos no parque do Molinón.
A primeira actividade que fixemos foi espeleoloxía e despois leváronnos a un campo onde xogamos a moitos xogos: paintball, txister...
O aloxamento fixémolo no Hotel LOS AVELLANOS. Á hora da cea divertímonos moitos falando. A comida estaba moi boa!. Despois de cear, xogamos nas habitacións e máis tarde tivemos que durmir.
Odía seguinte estabamos moi emocionados porque iamos facer o descenso do Sella. Foi moi divertido (sobre todo ver caer aos profes). Cando chegamos á praia bañámonos un pouco no río.
Fumos comer e ao remator xa nos preparamos para facer unha gynkana orientativa. Pasámolo moi ben a pesares da choiva.
O último día leváronnos a escalar a unha praia.
Estabamos un pouco tristes porque tiñamos que regresar a Celeiro.
Despois de ter que aplazar esta pequena excursión por mor da choiva, o venres, 1 de xuño todo o alumnado de Infantil, xunto coas súas titoras e profesorado acompañante, dirixímonos en autobús á praia de Area.
As nenas e nenos, coas súas merendas e utensilios para xogar coa area, chegaron moi ilusionados para compartir unha mañá con todos os seus compañeiros.
O tempo chegou a pouco pois pasáronno estupendamente e volveron ao colexio satisfeitos e "cargadiños de area" esperando que chegue xa o verán para poder disfrutar novamente da praia.
falaron co alumnado de primaria, regaláronlles entradas para o vindeiro partido do sábado 2 de xuño, tamén nos deixaron unha camiseta firmada, houbo unha sesión de firmas e por último fixemos unha foto de familia diante do noso colexio.
O martes, 29 de maio, o alumnado de 1º e 2º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Angélica e Maricarmen, viaxaron ata Mondoñedo para coñecer de cerca a cidade e participar nos obradoiros de títeres, cantería e de barro.
Na alameda, xunto á Igrexa dos Remedios foron recibidos por Ton Arenas que os acompañou nun pequeno percorrido por diferentes rúas e barrios desta fermosa cidade. Tamén lles contou a historia do Mariscal Pardo de Cela e a Ponte do Pasatempo, que xa lles contaran as súas mestras no colexio.
Comezaron na Alameda dos Remedios e foron pasando polo Campo dos Paxariños, as rúas do casco antigo, viron as esculturas adicadas a Pascual Veiga e Álvaro Cunqueiro, a Igrexa de Santiago, a Fonte Vella, a Praza e a Catedral... e chegaron ao Barrio dos Muíños onde se atopan as típicas canles, tamén a Ponte do Pasatempo e a concentración de moitos Talleres de Artesanía.
Tiveron a oportunidade de coñecer o obradoiro MIRCROMINA de Ton Arenas e alí disfrutaron dunha pequena sesión de Títeres.
A continuación foron ao obradoiro de Fernando Vilariño e alí aprenderon moitas cousas sobre os canteiros e os seus traballos. Tamén tiveron a oportunidade de facer unha pequena práctica co cincel e o mazo.
Á hora de xantar comeron no entorno do Taller Alfareiro.
Despois tiveron tempo de xogo libre e por último disfrutaron un montón traballando co barro.
Foi unha viaxe moi divertida onde tamén disfrutaron aprenderon moitas cousas.
Na tarde do luns, 28 de maio, abriuse a exposición conxunta dos centros educativos de Viveiro:
CEIP DE CELEIRO
CEIP DE COVAS
CEIP DE GALDO
EEI SAN ROQUE
para complementar a celebración da Festa do Maio e dentro do proxecto "Espertando o Maio".
Os diferentes centros aportaron unha variedade de traballos que se poderán ver na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro ata o xoves 31 de maio.
O luns, 28 de maio, xuntámonos os coles do Concello de Viveiro participantes no proxecto "Espertando o Maio":
CEIP DE CELEIRO
CEIP DE COVAS
CEIP DE GALDO
EEI SAN ROQUE
Vestidos axeitadamente para a celebración desta festa, con maios tradicionais de Viveiro, o maio do noso colexio representando a Porta de Carlos V e outros elementos florais, desfilamos polas rúas de Viveiro acompañados por moitas familias e veciños.
Rematamos na Praza Maior cantando todos xuntos a Canción do Maio de Viveiro.
E así damos por rematado este proxecto que estivemos a traballar durante este curso.
Na tarde do xoves, 10 de maio, tiveron lugar, na Praza Maior de Viveiro, os actos de clausura
da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares dos catorce
centros que forman parte da Microrrede A Mariña de Bibliotecas Escolares.
As mestras de ceremonia Karina Parga e Eva Lastra, do IES Perdouro e do CEIP de Alfoz respectivamente, fixeron a lectura da clausura e presentaron as diferentes actividades dinamizadoras. Fixeron agradecementos ás familias participantes felicitándoas polos fantásticos traballos presentados en todos os centros.
Asemade tamén agradeceron a asistencia das diferentes autoridades: a inspectora Branca Nazaré Guerreiro e o inspector Faustino Martín, a asesora das Bibliotecas Escolares da zona norte Chelo Guntín.
Como actividades dinamizadoras contamos con:
Actuación do coro formado por alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Primaria, de Alfoz, Celeiro, Galdo, Lois Tobío de Viveiro e o EEI de Viveiro. Cantaron a canción do Maio de Viveiro e A saia da Carolina. Fixéronno moi ben!
Actuación das Moreninhas, Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Mendes, tres rapazas cabo verdianas afincadas en Burela.
ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro foi a encargada de dinamizar a terceira xornada da Exposición "A Mariña pensando en feminino".
A compañía formada por 10 rapazas e rapaces representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a obra: Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.
Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso
porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de
tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o
descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado
porque, o pobriño, está doente.
Axudará a bruxa Celidonia o xigante
papón?
Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa
afillada Chincheta?
Papará ós lectores desta obriña de teatro?
Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.
Foi unha xornada excepcional!, o teatro ateigado de nenas e nenos acompañados das súas familias disfrutaron da excelente representación a cargo duns fenomenais artistas!
E chegou o gran día!, todo estaba preparado e a praza chea de familias dos diferentes centros que conformamos a MICRORREDE.
Este ano a mestra de ceremonias foi Rebeca Rivas do CEIP Santa Rita de Galdo; ela foi presentando as diferentes actividades e en nome de todos os centros agradeceu ás familias a participación no proxecto. Asemade tamén se deron as gracias ás autoridades alí presentes.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:
Discurso inaugural; actuación do coro formado por uns 160 nenas e nenos dos centro de Alfoz, Cervo, Celeiro, Galdo, Covas e María Sarmiento de Viveiro; lectura dun manifesto a cargo da súa autora Andrea Rivas; rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.
Na tarde do venres, 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, realizamos a montaxe da exposición deste curso:
Na tarde do luns, 7 de maio, daremos comezo coas diferentes actividades que programamos en torno a esta exposición e que rematarán o xoves, 10 de maio.
PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DISCAPACIDADE NA COMUNIDADE EDUCATIVA MOITAS GRACIAS A MARCOS E AOS USUARIOS DE ASPANANE POLA SÚA AMABILIDADE PARA CO NOSO ALUMNADO
PROGRAMACIÓN
Nesta segunda edición do programa realizaremos unha única sesión que servirá de repaso de conceptos traballados anteriormente, así como de introdución da nova liña de traballo sobre o concepto de Diversidade Funcional.
Para isto dividiremos a sesión nos seguintes puntos:
1. Diversidade.
Introducimos o concepto de diversidade a través da proxección dunhas láminas resaltando a existencia desta diversidade no noso entorno, así como entre as persoas, e valorando a riqueza que supón esta diversidade para as nosas vidas.
Realizaremos a actividade "Así son eu", que consiste nunha presentación por parte de cada neno/a dicindo cadanseu nome e unha cousa que lles gusta facer e unha cousa que non. Deste xeito, comprobaremos a diversidade existente na aula.
2. Diversidade sensorial.
Enlazando co visto nas láminas anteriores, introducimos o concepto de funcionar diferente. As persoas con diversidade funcional (discapacidade) teñen moitas capacidades, a única diferenza é que as realizan de maneira distinta.
3. Diversidade motriz.
Seguiremos recordando o visto o ano anterior e levaremos unha cadeira de rodas que nos axudará a coñecer moito mellor o concepto de "funcionar diferente".
4. Diversidade Intelectual.
Charlaremos cos/as usuarios/as da nosa entidade sobre a súa vida no centro e as súas amplas capacidades, conseguindo así a ruptura cos estereotipos sobre este colectivo e descubrindo á persoa que hai detrás da discapacidade.
Nos cursos máis avanzados proxectaremos a curtametraxe "El Cazo de Lorenzo", realizando un cine-fórum posterior sobre o seu significado e o relacionado coa discapacidade intelectual.
5. Conclusións.
Buscaremos as conclusións por parte dos nenos e nenas participantes e proxectaremos o vídeo realizado por ASPANANE "Porque eu son igual que ti" como broche a esta sesión da segunda edición do programa.
Este curso o alumnado de 3º curso, xunto coa súa titora Xulia Calvo, traballaron a obra de Teatro Escolar "Un ben... con outro ben" da autora Anisia Miranda.
Primeiramente fixeron diferentes grupos e realizaron unha lectura dramatizada nos cursos de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Pero para presentala aos compañeiros de Infantil e 1º curso fixeron unha dramatización no teatro do colexio, na mañá do xoves 3 de maio.
Ademais da dramatización prepararon na aula de música un Romance baseado na obra e que cantaron ao final da representación.
Na mañá do mércores, 25 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, acompañados dos profesores Paco, Cristina, Eva, Jesús e Marta, participamos na xornada que se celebrou en San Cibrao con motivo da celebración deste día. No mesmo participaron centros de Abadín, Ribadeo, Burela, Cervo, Celeiro Galdo e Viveiro.
O evento estaba organizado polo Seminario de Educación Física da Mariña e do que forma parte a noso profesora Eva Martínez Baltar.
O día amenceu con choiva pero non foi impedimento para poder desenvolver todas as actividades que nos tiñan preparadas e dividadas en estacións:
Skate, Surf, Malabares
Brillé
Desaafíos Cooperativos
Paracaídas
Taller de Baile
Xogos Populares
Voley, Palas, Ultimate
Pedra-papel-tesoira
Discgolf-Slackline-Procura do tesouro
Tres en raia
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo deste día tan especial.
Neste curso a Consellería seleccionou o noso centro, xunto con outros 49 de toda Galicia, e dotounos dunha partida económica para dar continuidade á primeira fase ELBE e poder así contar cun novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha primeira selección de recursos en formato dixital. Trátase do proxecto ELBE.2 e que estamos a poñer en marcha nestes días.
O profesorado e alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º curso recibirán unha formación de usuarios para coñecer esta plataforma e como poder descargala.
Na seguinte presentación atopamos máis información.
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Fran Alonsoa poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
A orixe do Día do Libro baséase na conmemoración do falecemento de William Shakespeare, Miguel de Cervantes Saavedra
e o Inca Garcilaso de la Vega en 1616. Esta celebración foi creada con
varios motivos: combater o analfabetismo, fomentar a cultura, render
homenaxe universal aos libros e autores, e simplemente alentar a todas
as persoas a gozar do pracer da lectura.
Tanto a celebración como a súa data foron instituidas durante a
Conferencia Xeral da UNESCO de 1995. A iniciativa para celebrar este día
débese á Unión Internacional de Editores (asociación que representa a
industria editorial a nivel internacional desde a súa fundación en
1896). Actualmente esta celebración é acollida por máis de 100 países ao
redor do mundo.
Na mañá do xoves, 19 de abril, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo a actividade programada dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso:
Temos un mes con moitas actividades complementarias:
Xoves, 19 de abril: Saída ao Souto da Retorta (horario escolar); todo o alumnado. Actividade programada dentro do proxecto documental que estamos a levar a cabo "VIVEIRO, o noso Concello".
Venres, 20 de abril: Visita á Exposición no CENIMA en Foz (horario escolar); alumnado de 5º e 6º curso.
Luns, 23 de abril: Invitados pola ANPA do colexio sairemos a ver unha obra de Teatro no Pastor Díaz e faremos tamén un pequeno percorrido por Viveiro (horario escolar); alumnado de Infantil e 1º e 2º curso.
Mércores, 25 de abril: Celebraremos o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA en San Cibrao xunto con outros colexios da Mariña (horario escolar); alumnado de 5º e 6º curso.
Os días 12 e 13 de abril de 2018 celebraranse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017/208,
a cita anual do profesorado responsable das bibliotecas de centros non
universitarios integradas neste programa da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria.
O exprofesor do noso colexio, Vicente Míguez Salgueiro, entregounos un exemplar do libro "Tarbernas, parroquias de Viveiro". O mesmo formará parte do fondo documental sobre o Concello de Viveiro.
Trátase do primeiro volume dunha serie que terá continuidade cunha segunda publicación. Este libro aborda unha catalogación das tabernas e salóns de
baile de once parroquias do Concello (San André de Boimente, Santiago de
Celeiro, Santa María de Chavín, San Xoán de Covas, San Xiao de Faro,
Santa María de Galdo, San Xiao de Landrove, Santa María de Magazos, San
Pedro de Viveiro, San Estevo de Valcarría, San Cibrao de Vieiro).
Queremos manifestarlle o noso agradecemento pola donación do libro e tamén felicitalo pola publicación do mesmo. Na nosa Biblioteca tamén contamos cos seus libros: "De azul olvido" e "A Lúa deitada en Porto Norte".
Na mañá do martes, 3 de abril, o alumnado de 3º e 4º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Xulia Calvo e Rosa Blanco, foron visitar o supermercado EROSKI de Viveiro.
Primeiramente Eva, a encargada da visita, fixo unha breve exposición no centro sobre as diferentes dependencias que iamos visitar no supermercado e sobre a importancia dos alimentos saudables.
Ao chegar ao supermercado visitamos as seguintes seccións: froitas e verdura, panadaría, peixería, carnicería e charcutería, lácteos e por último perfumería.
Na carnicería explicánronlles a vestimenta que esixe o EPI (Equipa de protección individual) co que se reduciu o número de accidentes laborais. Na peixería explicáronlles a diferenza entre peixe azul e peixe branco e tamén lles fixéronlles unha demostración do fileteo dun peixe.
Convidáronnos á degustación de froitas e zumes naturais, ademáis de participar en xogos para diferenciar froitas e verduras mediante o tacto e o gusto.
Por último recibiron agasallos dentro dunha bonita mochila.
O centro quere agradecer a xentileza de todo o persoal do EROSKI por facer posible esta visita na que o noso alumnado aprendeu cousas moi importantes sobre os alimentos, a reciclaxe e a importancia dunha alimentación saudable. MOITAS GRAZAS.
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do
escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do
Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros
infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a
patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe
un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de
que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un
recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se
difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación,
etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación,
encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións
puntuais.
No seguinte vídeo o alumnado de 5º curso presentan os libros que están a ler: