"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o
lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018
con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O
ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.
SEGUIR LENDO
- Páxina principal
- Web CEIP de CELEIRO
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- CANCIÓNS E CONTOS NA BIBLIOSOÑOS
- TRABALLOS DE CREACIÓN PROPIA
- APADRIÑAMENTOS LECTORES
- ITINERARIO LECTOR
- ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO COLEXIO
- ACTIVIDADES MUSICAIS
- Páxina do colexio MICRORREDE A MARIÑA
- ACTIVIDADES EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
- ESPAZO ABALAR
- BIBLIOTECA VIRTUAL DA BIBLIOSOÑOS
- Rede Lectura Compartindo libros e lecturas
- ACTIVIDADES PARA O VERÁN
- EDUGA (Revista Galega do Ensino)
- BOLETÍN INFORMATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
- Xornal "O PAPAGAIO"
- ESCRITORES VIVEIRENSES
- RECONMENDACIÓNS LECTORAS
- PÁXINAS DE RECURSOS DO COLEXIO
- VAI DE CONTOS...
- Proxecto: CONTOS E CANTOS
Visitas ao blog
3/9/17
Instrucións sobre a organización e funcionamento da biblioteca escolar para o curso 2017/2018
de Centros e ecursos Humanos en relación coa
organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, durante o
curso 2016/2017, e que serán de apliación en todos os centros públicos
de titularidade da consellería de Cultura, Educación e O.U. que imparten
ensinanzas de nivel non universitario, coa adaptación pertinente ás
diferentes tipoloxías de centros. Acompañan ás Instrucións propiamente
ditas, un Anexo I de Anotacións, e un Anexo XI de Orientacións (este
último correspondente á última convocatoria PLAMBE).
5/7/17
30/6/17
Despedida do alumnado de 6º curso de Primaria
Nun acto que tivo lugar o xoves, 22 de xuño, no Salón de Actos do colexio e organizado polas nais, o alumnado de 6º curso despediuse do profesorado cunhas palabras moi emocionantes para todos os presentes.
A petición das familias deixamos no blog este pequeno vídeo para que lles sirva de recordo do seu paso polo colexio de Celeiro.
Moita sorte a todas e todos!
25/6/17
III MILLA CORRENDO POLO GALEGO
O venres, 23 de xuño, último día do curso, todo o colexio trasladámonos ao Pavillón Municipal de O Cembedo para levar a cabo esta actividade tan esperada por todos nós.
Participan: ASOCIACIÓN ASPANANE
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS
Colaboran: ANPA DO CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
CONCELLO DE VIVEIRO
Organiza: CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
“Non é grande aquel que
nunca falla, senon aquel
que non se da por vencido”
Participan: ASOCIACIÓN ASPANANE
CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS
Colaboran: ANPA DO CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
CONCELLO DE VIVEIRO
Organiza: CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS
Xornada deportiva de integración e valoración social que contou coa participación de atletas
divididos en diferentes categorías.
- Categoría chupetín (non competitiva): unha volta ao circuito pequeno (180 metros)
- Categoría prebenxamín: unha volta e media ao circuito pequeno (270 metros)
- Categoría benxamín: unha volta e media ao circuito grande ( 570 metros)
- Categoría alevín: dúas voltas e media ao circuito grande (949 metros)
- Categoría Absoluta: tres voltas e media ao circuito grande (1.328 metros)
- Entrega de medallas e diplomas ao finalizar.
VÍDEO RESUMEN DAS CARREIRAS E ENTREGA DE MEDALLAS
24/6/17
Remate do Obradoiro de Teatro Escolar
Na mañá do xoves 22 de xuño, os nenos e nenas que participaron no Obradoiro de Teatro Escolar dirixido polo mestre Vicente Míguez Salgueiro, puxeron en escea a obra de teatro:
TELEINVASIÓN
A obra fai un repaso polos programas da tele de maior
actualidade. Unha visión divertida que alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º representaron
en seis actos: Pasapalá, Telexornal de novas vellas, Mira quen cociña, miña
madriña, Coleimpiadas 2017, A Revista Xa
Vale, Despacito e Vaia trola: Naseiro!
Como vén sendo característica do teatro escolar, dende o
curso 1992-1993 que iniciou a súa andaina no noso colexio, as obras reivindican
tres aspectos: didáctico, valores humanos e humor.
No mes de setembro estas magníficas actrices e actores
escenificarán a obra para os pais na Casa do Forno.
O vindeiro curso continuaremos ensaiando de outubro a xuño
e van 25 anos, un cuarto de século con Teatro Escolar no Colexio de Celeiro!
21/6/17
Tres acontecementos no remate do curso
Hoxe mércores, 21 de xuño, no comezo do verán, tivemos tres actividades moi importantes no colexio.
- Recollida das tapas e tapóns recollidos no centro a través das familias. Moitas grazas pola vosa colaboración.
- Entrega dos carnnés de CIBEREXPERT@ por parte da Policía Nacional ao alumnado de 6º curso, despois de ter aprobado un programa que lles ensinou os riscos da internet e das RRSS. Na entrega estiveron presentes a Directora do Centro, Rita Lamas Álvarez; o Inspector Xefe en funcións da Comisaría de Policía de Viveiro, Manuel Borrajo Iglesias; o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González e a Delegada Territorial de Educación da Xunta de Galicia, Mª del Carmen Gueimunde González.
- Representación da obra de teatro "O fotógrafo Sisebuto fai fotos nun minuto", a cargo do alumnado de 6º curso baixo a dirección do seu titor Antonio Ferreiro. Fixeron unha magnífica actuación. Todos os actores e actrices foron moi profesionais e estiveron moi metidos no seu papel, ademais tiveron un público moi entregado, disfrutando e aplaudindo a magnífica posta en escea. NORABOA A TOD@S.
Un novo libro de poesía infantil

Chafarís é o nome do novo libro de poesía infantil que publica, a través de Edicións Embora, o escritor viveirense Xoán Neira.
A presentación tivo lugar o pasado martes, 20 de xuño, no Salón de Usos Múltiples do concello de Viveiro. No acto participaron, ademais do autor, o presidente do Seminatio de Estudos Terra de Viveiro e Cronista Oficial, Carlos Nuevo o mestre e escritor, Vicente Míguez e Miguel Toval representando á editorial; ao finalizar o acto actuou o coro do colexio Lois Tobío dirixido por Manuel Rodríguez.
No audio podemos escoitar ao autor.20/6/17
Graduación do alumnado de 6º Infantil
Na mañá do luns, 19 de xuño, na Biblioteca do Centro levamos a cabo a graduación dos
"maiores" de Infantil.
Foi un día moi emotivo no que todo o persoal que os
acompañamos estes anos volvemos a vista atrás e recordámolos nos
primeiros días de cole e como foron medrando, aprendendo e facéndose
grupo.
Este acto tivo varias partes:
- Agradecemento por parte do alumnado a todo o profesorado e persoal non docente, cunha entrega de debuxos e dedicatoria especial.
- Visualización dun vídeo resumen dos tres anos en Infantil.
- Entrega de orla e diplomas.
- Entrega dunha fermosa sorpresa para a titora Maricarmen en forma de libriño.
- Canción "Todos somos capitáns".
- Poema de despedida e agradecementos.
PODEMOS VER TODOS OS VÍDEOS NO
19/6/17
Xogos Tradicionais no colexio
No seguinte enlace podedes ver os resultados finais dos Xogos Populares deste curso e un pequeno vídeo.
17/6/17
Actividades de fin de curso organizadas pola ANPA do colexio
Xa estamos rematando o curso e por iso as actividades culturais van tomando forza no noso colexio e a ANPA e a organizadora das mesmas.
- O pasado martes, 13 de xuño, todo o alumnado do colexio tivo a oportunidade de asistir ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro a unha dobre sesión de espectáculo que combinou o teatro, a música e humor.
- o venres, 16 de xuño, no colexio poidemos disfrutar dunha sesión de maxia moi especial a cargo do MAGO KIKO CARROLO. Foi todo un éxito pois todo o alumnado e profesorado pasámolo estupendamente co humor e trucos de maxia do mago viveirés KIKO.
Dámoslles as grazas a ANPA pola colaboración co colexio, pola organización de actividades ao logo do curso e en especial por estas dúas actividades culturais que tanto éxito tiveron entre o noso alumnado.
16/6/17
Remate do curso do alumnado colaborador da Biblioteca
ALUMNAS E ALUMNOS DE 6º CURSO
O xoves, 15 de xuño, o alumnado colaborador da Biblioteca rematou o seu traballo como volutarios e colaboradores nas tarefas que se comprometeron a cumplir durante o curso.
Nun acto de agradecemento recibiron un diploma que os acredita como axudantes da Biblioteca.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
E ANIMÁVOSMOS A SEGUIR NESTA TAREFA NO IES.
15/6/17
Dous novos premios no colexio
O alumnnado de 6º de Infantil coa súa titora, Maricarmen Lázaro e a alumna de 5º curso, Inés Cachón, acadaron o 1º e 3º premio respectivamente no
Este concurso ten como obxectivo facer partícipes da Festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
O noso centro sempre participa neste concurso acadando premios moi meritorios e así este ano hai que felicitar a todo o alumnado de 6º de Infantil e a súa mestra Maricarmen por ese 1º premio así como a Inés Cachón polo seu 3º premio.
NORABOA POLO VOSO TRABALLO BEN FEITO!
ACTO DA ENTREGA DOS PREMIOS
O traballo ou cartel que presentou o alumnado de 6º curso está basado nunha foto antiga de Celeiro onde se pode observar as casas, a praia, os barcos... e como primeiro plano ás mulleres coas cestas na cabeza cargando o peixe que pescaron os homes no mar.
É unha homenaxe ao importante rol da muller no mundo do mar.

Cartel de Inés Cachón Oulego, alumna de 5º de Primaria e que levou o 3º Premio do V Concurso Infantil de debuxo festa da merluza do pincho de Celeiro.
9/6/17
Xornada de iniciación ao Surf
Na mañá do xoves, 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º curso, xunto cos profesores Eva, Paco, Virginia e a coidadora Esther, tiveron unha xornada de iniciación ao surf coa VIVEIRO SURF ESCOLA, na praia de Esteiro (o Barqueiro).
Esta actividade está enmarcada como complemento das actividades programadas na área de Educación Física, dentro da unidade de Actividades na Natureza.
Foi unha experiencia inolvidable, divertida e moi formativa. Seguro que repetiremos!
Esta actividade está enmarcada como complemento das actividades programadas na área de Educación Física, dentro da unidade de Actividades na Natureza.
Foi unha experiencia inolvidable, divertida e moi formativa. Seguro que repetiremos!
8/6/17
Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa
O noso centro acaba de rematar a participación no
Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa:
Programa de Sensibilización na Comunidade Educativa:
EU=QUE TI
Asociación de nen@s e adolescentes con necesidades especiais
Este Programa ten como obxectivos mellorar as posibilidades dunha inclusión real das persoas con discapacidade na comunidade. Pretende achegar o coñecemento da discapacidade á comunidade educativa (Infantil e Primaria) contribuíndo, con ela, no fomento de actitudes e valores como a solidariedade, o respecto e o apoio mutuo.
Participan no programa:
- Encargada: Isabel Otero Rodríguez
- Usuarios e usuarias: José Manuel Vázquez , Mª José Rivas, Sara Breijo, Luis Tiagonce, Oliva Ferro , Fran Serantes, Belinda Parapar, Fernando Lamelas, Ángeles Pérez.
A través de Unidades Dicácticas levan actividades prácticas nas que o alumnado, a través de diferentes dinámicas e de maneira activa, acadará un maior coñecemento e empatía cara as persoas con discapacidade.
Cinefórum. A través de diferentes vídeos preténdese que o grupo reflexione e interiorice as vivencias dunhas realidades e actitudes proxectadas neles.
A acollida do Programa por parte do noso alumnado está sendo excepcional, participan activamente das actividades e amósanse curiosos ante as preguntas e retos que se lles plantexan.
Sorprende a empatía e os lazos que se crean cos usuarios e usuarios de ASPANANE.
Queremos agradecer a todo o colectivo da Asociación a labor que está a facer no noso Centro con todo o noso alumnado e profesorado e animalos a que sigan transmitindo os valores que tanto se precisan nestes tempos.
Queremos agradecer a todo o colectivo da Asociación a labor que está a facer no noso Centro con todo o noso alumnado e profesorado e animalos a que sigan transmitindo os valores que tanto se precisan nestes tempos.
7/6/17
Un novo traballo sobre o Impresionismo
O alumnado de 5º curso presenta este libriño que recolle o aprendido sobre o Impresionismo, Proxecto Documental sobre o que estivemos traballando durante este curso.
6/6/17
Excursión Fin de Curso do alumnado de 1º e 2º curso
O luns, 5 de xuño, os nenos e nenas de 1º e 2º curso, xunto coas súas mestras Maricarmen e Angélica, realizaron a súa viaxe de fin de Curso a Marcelle.
O parque atópase nunha contorna natural, pertence á Reserva da
Biosfera Terras do Miño, é un zoo pequeno. Atopamos monos, osos, avestruces, lobos, bisontes, cebras,
tartarugas, cabras, etc,
5/6/17
Que ben o pasamos na Festa de Voz Natura!
Pero nos aínda estamos a disfrutar recordando o pasado sábado, 3 de xuño, día da FESTA DE VOZ NATURA, nela poidemos ver a gran exposición de traballos dos diferentes colexios, participar nos diferentes obradoiros que había ao longo do parque Acea de Ama, xogar no parque cos hinchables, en xeral disfrutar do ambiente de coordialidade e gran convivencia dos centros participantes...
Foi un día moi especial! no que tamén hai que felicitar a todo o equipo de VOZ NATURA pola extraordinaria organización e éxito de participación na 20ª edición desta gran xuntanza en pro do coidado do noso medioambiente.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo
Coñecendo o IES María Sarmiento
O pasado venres, 2 de xuño, o alumnado de 6º curso de Primaria visitou o IES María Sarmiento de Viveiro nunha xornada de portas abertas e convivencia xunto co CEIP do Vicedo e o CEIP Santa Rita de Galdo.
Coñeceron as instalacións, fixeron xogos e compartiron unha pequena merenda...
Xa están preparados para pasar á seguinte etapa. Moita sorte!
Xa están preparados para pasar á seguinte etapa. Moita sorte!
2/6/17
Actividade Extraescolar de Pintura
Xa rematou por este curso a Actividade Extraescolar de Pintura impartida pola pintora,
Oliva Díaz Mejuto
Que se fai nesta actividade?
Trabállanse fundamentos básicos do debuxo: observar, comparar, como empezar un debuxo, entrenamento con trazos, superficies con textura, formas, exercicios de contornos continuos...
Estudamos a paleta cromática e o uso da cor partindo das cores primarias.
Estudamos aos grandes maestros da pintura por medio de libros e contos para logo plamar o aprendido nun debuxo.
Con "El pequeño Dalí y el camino hacia los sueños", descubrimos ao xenio Salvador Dalí e con el o surrealismo.
Con "Los colores del mago", xogamos coa maxia da cor e as mezclas.
Con "Un cuadro de Picasso", estudamos o cadro do Guernica a fondo, exploramos cada parte do cadro e o seu significado; tamén descubrimos ao gran Pablo Picasso e o Cubismo.
Facemos unha visita polo Museo do Prado da man da Princesa Margarita que se escapa de "Las Meninas de Velázquez" para vivir unha aventura con nós.
Ademáis de debuxar, tamén nos queda tempo para xogar a Pasapalabra e practicar todo o aprendido.
Apunte da profesora:
É moi importante fomentar e introducir aos nenos no mundo da arte en edades temperás, que a descubran partindo da súa creatividade e sempre desde o mundo do xogo e o divertimento, nunca como unha actividade imposta, interactuando con outras expresións artísticas: a música, o teatro...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











