20/4/18

Viaxe cultural a Foz

Do 28 de marzo ao 10 de maio pódese visitar no Cenima, en Foz, a V Semana de Artes Plásticas da Mariña. Son 33 obras de 23 artistas. 

Na mañá do venres, 20 de abril, o alumnado de 5º e 6º curso, xunto cos  profesores Paco, Cristina e Rosa, foron visitar a mesma.

 



19/4/18

Visitamos o Souto da Retorta

Na mañá do xoves, 19 de abril, todo o alumnado e profesorado do colexio levamos a cabo a actividade programada dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso: 
A saída tiña como obxectivo o coñecemento do medio natural do SOUTO DA RETORTA.
Como complemento á visita o alumnado traballou no caderno de campo que preparou a profesora Eva.


NO SEGUINTE VÍDEO PODEMOS VER UN RESUMO DA PEQUENA EXCURSIÓN


18/4/18

Actividades complementarias do mes de abril

Temos un mes con moitas actividades complementarias:
  • Xoves, 19 de abril: Saída ao Souto da Retorta (horario escolar); todo o alumnado. Actividade programada dentro do proxecto documental que estamos a levar a cabo "VIVEIRO, o noso Concello".
  • Venres, 20 de abril: Visita á Exposición no CENIMA en Foz (horario escolar); alumnado de 5º e 6º curso.
  • Luns, 23 de abril: Invitados pola ANPA do colexio sairemos a ver unha obra de Teatro no Pastor Díaz e faremos tamén un pequeno percorrido por Viveiro (horario escolar); alumnado de Infantil e 1º e 2º curso.
  • Mércores, 25 de abril: Celebraremos o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA en San Cibrao xunto con outros colexios da Mariña (horario escolar); alumnado de 5º e 6º curso.

10/4/18

Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018

Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018

Os días 12 e 13 de abril de 2018 celebraranse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017/208, a cita anual do profesorado responsable das bibliotecas de centros non universitarios integradas neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

 

XORNADA DE TRABALLO DAS 

COORDINADORAS DA MICRORREDE A MARIÑA

5/4/18

Un novo libro na nosa Biblioteca


O exprofesor do noso colexio, Vicente Míguez Salgueiro, entregounos un exemplar do libro "Tarbernas, parroquias de Viveiro". O mesmo formará parte do fondo documental sobre o Concello de Viveiro.
Trátase do primeiro volume dunha serie que terá continuidade cunha segunda publicación.
Este libro aborda unha catalogación das tabernas e salóns de baile de once parroquias do Concello (San André de Boimente, Santiago de Celeiro, Santa María de Chavín, San Xoán de Covas, San Xiao de Faro, Santa María de Galdo, San Xiao de Landrove, Santa María de Magazos, San Pedro de Viveiro, San Estevo de Valcarría, San Cibrao de Vieiro). 

Queremos manifestarlle o noso agradecemento pola donación do libro e tamén felicitalo pola publicación do mesmo. Na nosa Biblioteca tamén contamos cos seus libros: "De azul olvido" e "A Lúa deitada en Porto Norte". 
MOITAS FELICIDADES, VICENTE

3/4/18

Visita ao supermercado EROSKI

Na mañá do martes, 3 de abril, o alumnado de 3º e 4º curso de Primaria, xunto coas súas titoras Xulia Calvo e Rosa Blanco, foron visitar o supermercado EROSKI de Viveiro.
Primeiramente Eva, a encargada da visita, fixo unha breve exposición no centro sobre as diferentes dependencias que iamos visitar no supermercado e sobre a importancia dos alimentos saudables.
Ao chegar ao supermercado visitamos as seguintes seccións: froitas e verdura, panadaría, peixería, carnicería e charcutería, lácteos e por último perfumería.
Na carnicería explicánronlles a vestimenta que esixe o EPI (Equipa de protección individual) co que se reduciu o número de accidentes laborais. Na peixería explicáronlles a diferenza entre peixe azul e peixe branco e tamén lles fixéronlles unha demostración do fileteo dun peixe.
Convidáronnos á degustación de froitas e zumes naturais, ademáis de participar en xogos para diferenciar froitas e verduras mediante o tacto e o gusto.
Por último recibiron  agasallos dentro dunha bonita mochila.
O centro quere agradecer a xentileza de todo o persoal do EROSKI por facer posible esta visita na que o noso alumnado aprendeu cousas moi importantes sobre os alimentos, a reciclaxe e a importancia dunha alimentación saudable.  MOITAS GRAZAS.



2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil - 2018

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1069
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.



No seguinte vídeo o alumnado de 5º curso presentan os libros que están a ler:

23/3/18

Posta en marcha da 7ª convocatoria da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA

Este curso o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia leva por título: Aprender a pensar na Biblioteca Escolar.
No colexio estamos a traballar no proxecto documental Viveiro, o noso Concello, polo que nos imos centrar concretamente no aspecto feminino do mesmo buscando información dos seguintes apartados:
INFANTIL
--Profesións de mulleres relacionados co mar (redeiras, mariñeiras, traballadoras das fábricas de conservas…)
PRIMARIA (a elixir entre)
--As festas e romarías no noso Concello (A Rapa das Bestas, Procesión do Carme, A Festa da Merluza, A Candelaria…)
--As lendas, cancións, ditos, refráns relacionados co Concello de Viveiro e que teñan un “transfondo” feminino.


MÁIS INFORMACIÓN NA SEGUINTE PÁXINA

https://sites.google.com/site/plamblaamarina/

22/3/18

Dúas celebracións moi importantes

O día 21 de marzo tamén celebramos o
 DÍA DA ÁRBORE E O DÍA DA AUGA
 Tivemos un día estupendo despois de tanta choiva (e tan necesaria) como caeu este mes.
Preparamos as seguintes actividades que podemos ver na seguinte presentación e no vídeo resumen 



21/3/18

No Día Mundial da Poesía

A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación das ideas por medio da palabra, da creatividade e da innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar de maneira sempre renovada a forma en que usamos as palabras e as cousas, e os nosos modos de percibir e interpretar a realidade. 

A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi aprobada pola UNESCO durante o seu 30º período de sesións, que se celebrou en París en 1999. De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas. 
Por outra banda, este día ten como propósito promover o ensino da poesía; fomentar a tradición oral dos recitais de poéticos; apoiar ás pequenas editoriais; crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión que permite ás comunidades transmitir os seus valores e foros máis internos e reafirmarse na súa identidade; e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura. 
A través da Biblioteca e do Equipo Dinamizador da Lingua Galega levamos a cabo varias actividades:





19/3/18

Un ilustre viveirés: PASTOR DÍAZ

Con motivo do Día Mundial da Poesía imos estudar en profundidade ao coñecido como Príncipe do Romanticismo, o escritor e político: PASTOR DÍAZ.
Elaboramos unha páxina especial onde recollemos información sobre a súa vida e obra.
CLICA NA IMAXE


17/3/18

De conversa con Antía Yáñez

O misterio de Portomarín

Antía Yáñez Rodríguez

Aqueles irmáns pensaban que o verán ía ser igual de monótono e gris que sempre.
Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido… como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.
Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz…

O venres, 16 de marzo, e por xentileza da Editorial Galaxia, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con Antía Yáñez, despois de ter lido o libro "O misterio de Portomarín", unha lectura que lles resultou apaixoante e moi entretida.
Antía fixo unha presentación do lugar onde acontece a historia e posteriormente as nenas e nenos tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas sobre o libro e tamén sobre ela mesma.
Foi unha xornada moi gratificante para o noso alumnado que rematou coa firma dos exemplares que aportou a Bibliosoños.
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo:



15/3/18

Para a celebración dos Días Mundiais da Árbore e da Auga

Os días 21 e 22 de marzo conmemóranse o Día Mundial da Árbore e o día Mundial da Auga repectivamente. Por iso convidámosvos a que visitedes a seguinte páxina onde se recollen todas as actividades que levamos a cabo no colexio nestas e outras datas.
CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/site/educacionparaomedioambiente/

11/3/18

IV CONCURSO ROSALÍA SEMPRE VIVA

Na mañá do sábado, 10 de marzo, celebrouse a IV edición do concurso escolar de recitado poético ROSALÍA SEMPRE VIVA, na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei.

Centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía de Castro ou da ampla produción poética de Manuel María, o concurso escolar está dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Ciclos Formativos Superiores.
A actividade ten por obxectivo potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesía de dúas das voces máis importantes e populares da nosa literatura.
Despois de realizar no colexio a fase clasificatoria quedaron clasificados para a gran final as seguintes alumnas e alumnos:
Sara Asmerón e Lucas Fernández de 3º curso, Pedro Gil de 4º curso e Inés Cachón de 6º curso.
Fixéronno moi ben! Noraboa polo seu esforzo 
e por representar ao noso colexio!

Máis información no seguinte enlace: 
Aquí deixamos o vídeo cos momentos da súa actuación

9/3/18

Visita da Policía Nacional

Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas

Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, estivo no noso centro co alumnado de Infantil para explicarlles as funcións da Policía Nacional. As nenas e nenos fixéronlle moitas preguntas e así poideron saber moitas cousas sobre a POLICÍA NACIONAL.
https://www.policia.es/org_central/seguridad_ciudadana/unidad_central_part_ciudada/art_ciudadana_poli_escuel.html

  • Que hai que estudar para ser policía?
  • Cómo se atrapan aos delincuentes?
 Ensinoulles a placa identificativa e entregoulles pegatinas e carnets. Pasáronno moi ben e aprenderon moitas cousas!


8/3/18

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018

http://www.unwomen.org/es/news/in-focus/international-womens-day

O tema do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, é 
"Agora é o momento: As activistas rurais e urbanas transforman a vida das mulleres". 

"Este ano, o Día Internacional da Muller chega xusto despois de que se iniciase un movemento global sen precedentes polos dereitos, a igualdade e a xustiza das mulleres. Devandito movemento tomou a forma de marchas e campañas mundiais, incluídas as campañas # MeToo e # TimesUp nos Estados Unidos e campañas homólogas noutros países, sobre temas que van desde o acoso sexual e o feminicidio ata a igualdade de remuneración e a representación política das mulleres. Facéndose eco do tema prioritario do próximo 62ª período de sesións da Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller, o Día Internacional da Muller tamén prestará atención aos dereitos e o activismo das mulleres rurais, que representan máis dunha cuarta parte da poboación mundial e estanse quedando atrás en cada medida de desenvolvemento. Debemos unirnos para transformar o impulso en acción, para empoderar ás mulleres en todos os contextos, rurais e urbanos, e para homenaxear ás activistas que están a traballar sen descanso para reclamar os dereitos das mulleres e realizar o seu pleno potencial. "
 MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE PÁXINA
CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/site/igualdadecoeducacionxenero/curso-2017-2018/adicado-a-maria-sarmiento

7/3/18

Viaxe Cultural de 5º e 6º curso


Na xornada do martes, 6 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso, xunto coas profesoras Cristina, Virginia e o profesor Paco, puxeron rumbo á Santiago de Compostela para levar a cabo varias visitas aínda que tiveron un día con moita choiva.

5/3/18

Nova exposición de libros e traballos

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Semana da Prensa, no recuncho das exposicións temos libros e traballos para levar ás aulas.


NA SEGUINTE PÁXINA TAMÉN TEMOS MOITA INFORMACIÓN

https://sites.google.com/site/igualdadecoeducacionxenero/curso-2017-2018/adicado-a-maria-sarmiento
 

SEMANA DA PRENSA

Dende o luns 5 e ata o venres 9 de marzo os centros educativos galegos conmemoran a Semana da Prensa na Escola. Xa van 30 anos celebrando esta semana a través da cal as alumnas e alumnos de toda Galicia poden coñecer un pouco mellor quen está detrás da pantalla da televisión, da radio, ou detrás da pantalla do móbil, contando cousas dende os medios de comunicación. Unha iniciativa que fomenta o sentido crítico de nenos e mozos.
No noso colexio imos levar a cabo diferentes traballos por aula e unha vez que se rematen exporémolos e publicarémolos no blog.

NA SEGUINTE PÁXINA ATOPAMOS MOITA INFORMACIÓN
CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/site/aprensanaescola/

http://kiosko.net/es/

2/3/18

Apadriñamento Lector do alumnado de 3º curso

Un ben… con outro ben

Autora: Anisia Miranda
Ilustrador: Manuel Fragoso

 Ourizo axuda a cóbrega a saír dunha trampa e esta pretende comelo, así que debaten con outros animais se un ben se paga cun mal.

Esta foi a lectura do Apadriñamento Lector do alumnado de 3º curso que fixeron  en 2º, 4º, 5º e 6º de primaria, na Hora de Ler.
Primeiramente a lectura foi traballada na aula. Fixeron 4 grupos, pois a obra ten 5 persoaxes: CÓBREGA, AOURIZO CACHO, CABALO, BOI E MERLO.
    E así cada grupo levou o seu Apadriñamento a un curso de primaria. Fixéronno moi ben! e os ouvintes aplaudiron con entusiasmo as súas lecturas.