O alumnado de 5º de Infantil pasaron un día estupendo na praia de Area!!!.
Foi unha xornada de despedida do curso
O alumnado de 5º de Infantil pasaron un día estupendo na praia de Area!!!.
Foi unha xornada de despedida do curso
Na mañá do xoves, 10 de xuño o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria realizaron unha saída polo núcleo urbano de Celeiro para ter un maior coñecemento do noso entorno.
Foi unha visita guiada a través do proxecto "Camiño do Mar" do Concello de Viveiro.
Na mañá do xoves 10 de xuño, o equipo formado por: Arón, Aurora, Coral, Lucas e Diego, realizaron o programa nº 9 dedicado ao MEDIO AMBIENTE.
Primeiramente buscaron a información sobre o tema do medioambiente, dos acéanos e tamén lle fixeron unha pequena entrevista á coordinadora do Programa Voz Natura, Cristina Freán.
Como música recordamos a canción "Voz Natura" e que foi gravada polo coro do colexio en maio de 2017 e coa que fixemos un vídeo especial no que participou todo o colexio. VER AQUÍ
Ao finalizar o programa o alumnado de 6º curso despídese pois xa marchan para o Instituto e danlles moito ánimo aos compañeiros e compañeiras que os sucederán nesta labor.
Durante toda a mañá do martes 8 de xuño, todo o alumnado do colexio e o profesorado participamos dunha xornada especial para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño). Divididos en grupos fumos pasando por diferentes actividades:
Tod@s levamos un premio, unha botella reutilizable para levar auga e non ter que usar tanto plástico; tamén entregáronnos unha pequena planta para cada aula e que teremos que coidar.
Estas actividades foron organizadas a través de Puerto de Celeiro en colaboración co colexio:
Bos días: xente cativa e non tan cativa!
O día 7 de xuño de 2021, o alumnado de sexto curso dirixíuse cara a Galdo e San Roque (Viveiro) para emprender unha aventura moi especial: disfrutaron dun día de paintball e adentráronse en "RoqSort", tirándose por unhas grandes e non tan grandes tirolinas, entre outros obstáculos. Pasárono moi ben!
HELENA GOÁS REGO de 6º de Primaria.
Xornada de lecer, a modo de despedida do curso tan difícil que tivemos. O alumnado de 6º curso acompañado das profesoras Eva e Rita, pasaron unha xornada no campo de Paintball de Galdo e no Parque de Aventuras de San Roque, da empresa RockSport de Viveiro
A mestra de 2º de Primaria, Alba Rodríguez, propuxo o todo o alumnado un RETO LECTOR.
Participaron todas as nenas e nenos do curso e xa conseguiron rematar este reto a alumna, Paula Gil e o alumno Iago Gil-Carcedo. Noraboa aos dous!!!
CONCURSO ESCOLAR
RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS NO MUNDO MARIÑO Edición 2021
E
DÍA 8 DE XUÑO UNHA XORNADA DE ACTIVIDADES
PREME NA IMAXE PARA VER OS PROXECTOS
Na mañá do venres, 21 de maio, gravamos o Programa nº 8 deste curso de Radio na Biblio baixo o título "Xela Arias". Foi realizado por Andrés, Sara, Yeray, Ángel e Patrik.
Trátase dun monográfico dedicado á homenaxeada nas Letras Galegas 2021: Xela Arias
Na mañá do mércores, 12 de maio, gravamos o Programa nº 7 deste curso de Radio na Biblio baixo o título "Maio, mes das Letras Galegas". Foi realizado por Kevin, Ana, Nely, Nicolás E. e Noa.
O programa informa sobre o a celebración das Letras Galegas, quen instaurou a mesma e o por que se celebran o día 17 de maio.
Ademais podemos escoitar anacos das cancións que traballamos durante este mes.
Na páxina especial dedicada a Xela Arias temos todas as actividades que realizamos para estas Letras Galegas 2021.
PREME NA IMAXE
Seguimos traballando no Proxecto CONTOS E CANTOS:
Na tarde do xoves, 6 de maio, coordinadoras e coordinadores das bibliotecas que formamos a MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, tivemos un encontro a modo de reunión de traballo onde falamos dos seguintes temas:
Non queremos que esta pandemia nos achante e seguiremos coa ilusión de sempre traballando porque a MICRORREDE debe continuar (The show must go on!) en prol da lectura e das actividades dinamizadoras.
O mércores, 26 de abril, o alumnado de Infantil tivo a oportunidade de participar na proxección online da obra teatral "As fabas máxicas" de CARAMUXO TEATRO, a través das actividades escolares Afundación.
Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.
Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.
Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.
Para rematar o mes de abril, no que as actividades sobre os libros tiveron moita relevancia, publicamos o programa de RADIO NA BIBLIO realizado por: Bruno, Nicolás F., Lía, Helena e Alison, titulado "Abril, mes dos libros".
No día de hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria, repartiru polas diferentes clases, tiras de citas para animar a ler, así cada nen@, ó sair da súa aula, podía coller unha tira e quedarse con ela.
Por outra parte, con motivo deste día, a Deputación de Lugo a través da Concellería de Cultura do Concello de Viveiro, entregounos o exemplar titulado "Cen historias máxicas pola Mariña Encantada", de Antón Reigosa.
A obra recrea historias sobre quince concellos da Mariña e complétase con 60 ilustracións de Neira Brochs.
Como di o autor: "Este libro pretende ser a aeronave imaxinaria que permita dar cumprimento ó soño de sobrevoar a Mariña".
Os nenos e nenas de 4º de Ed. Primaria levaron a cabo un proxecto de xeografía. Dito proxecto consistiu en deseñar unhas maquetas para representar os distintos elementos do relevo, empregando diferentes técnicas e materiais.
No seguinte vídeo, podedes ver estas maquetas tan chulas.