31/1/11

Celebramos o Día da Paz

Hoxe, día 31 de xaneiro, no colexio celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia.
As dúas semanas anteriores nas clases fixemos moitos traballos:
  • Exposición dos debuxos e lemas para a Paz.
  • Concurso de debuxo e lema para as pegatinas conmemorativas.
  • Búsqueda de información para os de 2º ciclo.
  • Unha Web-Quest os do 3º ciclo.
  • Nas clases de música aprendimos dúas cancións: A Muralla e Viva a Xente!
  • Elaboración dun Powert-Point e un Vídeo especial explicando que é a Paz según os nenos e as familias.
Por fin,  xuntámonos no ximnasio e visualizamos, na páxina especial do blog da Bibliosoños, todos os traballos. Cantamos todos xuntos e pasamos un bo rato aprendendo moitas cousas sobre A PAZ.


27/1/11

Un fermoso libro en imaxes

Acaba de chegar este fermoso libro ao noso colexio. Forma parte do programa de DINAMIZACIÓN LINGÚÍSTICA da Xunta de Galicia: BOCABERTA

10/1/11

Comeza o 2º trimestre

Imos comezar coa noticia da final do concurso "Ler e escoitar", no que o noso colexio participou. Non estivemos na final pero seguiremos intentándoo.
O I Concurso de lectura en voz alta "Ler e escoitar" chegou á súa fase final. O pasado 16 de decembro tivo lugar a sesión prevista, na que os 49 rapaces e rapazas finalistas pasaron as últimas probas, nun acto ben emotivo.Todos os participantes deron mostras dun grande aplomo e saber estar á hora de subir a un escenario e amosaron, sen excepción, grandes habilidades de lectura en voz alta. A selección dos textos escollidos libremente polas lectoras e os lectores sorprendeu pola súa calidade e pertinencia. Foi, en fin, unha mañá longa pero emocionante, dedicada á lectura e aos libros, na que os sorrisos estiveron presentes en todo momento en pequenos e grandes. A narradora Charo Pita, que foi a guía deste acto de exaltación da palabra escrita, pero tamén da oralidade, fixo unha defensa da lectura e da necesidade de escoitar aos outros, de saber escoitar. Houbo tamén tempo para os contos, e como broche final, a entrega de premios con "foto de familia" incluída. Parabéns a todas e todos os participantes.

20/12/10

Boletín informativo da Bibliosoños. 1º trimestre



Acto de Nadal.

Reportaxe fotográfica do acto celebrado o 17 de decembro na Casa do Forno.



Estrea da panxoliña CELEBRANDO O NADAL de Pedro Rodríguez Pérez

17/12/10

Premiados no concurso de Postais e Poesía

E aquí xa están os premiados no concurso que convocou a ANPA para este  Nadal.



16/12/10

Concurso de Poesías de Nadal

Os alumnos do 3º ciclo de Primaria participan no Concurso de Pesías de Nadal convocado pola ANPA do Colexio. Todas elas están expostas no corredor para que podan ser lidas por todos.
Moita sorte para tod@s e noraboa polo traballo feito!!!


13/12/10

Acto de Nadal

Xa comezamos as actividades do Nadal.


7/12/10

Día dos Dereitos Humanos

O día 10 de decembro cele bramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos.




29/11/10

Xa se acerca o Nadal

A  ANPA do colexio fai a convocatoria do concurso de postais e poesías para o Nadal

27/11/10

Adeus a un gran intelectual galego



 Francisco Fernández del Riego, nacido en Vilanova de Lourenzá (Lugo) no ano 1913, é unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica literaria galega. 
     Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.
     Xunto con  Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, foi un dos principais artífices da Editorial Galaxia (1950), empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra. Desta iniciativa xurdiu a revista Grial (1963), que Del Riego dirixiu en colaboración con Piñeiro durante os primeiros cen números e onde participaría asiduamente con artigos e recesións literarias.
    Autor dunha extensa obra, o intelectual galeguista cultivou o ensaio sobre a cultura e a literatura galegas (Cos ollos do noso esprito, 1949-; Historia da literatura galega, 1951; Galicia no espello, 1954; Diccionario de escritores en lingua galega, 1990; A xeración Galaxia, 1996) e estranxeiras (Letras do noso tempo, 1974; Escritores de Portugal e do Brasil, 1984), a narrativa (O cego de Pumardedón, 1992; Mondoñedo, 1992) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, 1983; O camiño de Santiago, 1992; Galicia, 1994). Redixiu varias biografías (Ánxel Casal e o libro galego, 1983; Antolín Faraldo, o gran soñador, 1998), deu ao prelo dúas antoloxías poéticas (Do dezanove ós continuadores, 1976; Do posmodernismo ós novos, 1980), editou varios vocabularios galego-castelán e asinou innúmeros artigos xornalísticos. Tamén publicou un libro de memorias, O río do tempo (1991).
     Foi director da Real Academia Galega, entidade en que ingresara en 1960 cun discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, e da Biblioteca da Fundación Penzol.
     Polo seu importante contributo á nosa cultura, Fernández del Riego foi recoñecido con numerosos galardóns (Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova, a casa dos Poetas, etc.). Así mesmo, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.

26/11/10

Actividades especiais

O sábado, 20 de novembro, foi o día dos Dereitos da Infancia, por iso na Bibliosoños tamén fixemos actividades para recordar este día tan importante.
Todos os ciclos pasamos pola Biblioteca e aprendimos moitas cousas sobre os nosos Dereitos e tamén dos nosos Deberes.



O venres, 26 de novembro, os alumnos de 6º curso de todos os colexios do Concello levamos a cabo unha actividade conxunta no Salón de Actos de Conservatorio de Música de Viveiro.
Convocados polo CIM, fixemos unha posta en común das nosas actividades que levaban como tema a erradicación da violencia contra as mulleres.

25/11/10

Ana María Matute. Premio Cervantes 2010

A escritora Ana María Matute  foi galardonada co Premio Cervantes.

Os Premios Cervantes son o Premio Nobel das  las letras hispánicas.


A súa creación literaria é ampla e abrangue novelas, relatos curtos e contos para nenos e nenas:








  • Sólo un pie descalzo (1983)    
  • El saltamontes verde (1986)
  • La Virgen de Antioquía y otros relatos (1990)
  • El verdadero final de la Bella Durmiente (1995)
  • La puerta de la luna. Cuentos completos (2010)

17/11/10

Entrevista a Virginia Jiménez

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria fixeron unha entrevista á Profesora e Orientadora do CEIP Antonio Pedrosa Latas.



12/11/10

Libros novos na Biblioteca

Esta semana a Bibliosoños recibiu moitos libros.



Hainos para todos os ciclos de Infantil e Primaria.



Xa están esperándovos para que os poidades ver, ler e disfrutar con eles.

10/11/10

Novo traballo

Coma cada novo curso elaboramos os nosos separadores de libros para utilizar na Bibliosoños.

A mochila viaxeira de 1º curso

Janet e Yasmina foron as primeiras alumnas do 1º nivel en levar para a casa "a mochila viaxeira", e vannos contar que lles pareceu a experiencia...
  • Que foi o que máis vos gustou do contido da mochila?
Yasmina.- A min foi o conto de "Andrés o mentireiro".
Janet.- A min o libro de Antón e Pompón, xa que aprendín moitas cousas e tamén me divertín moito...
  • Tamén nos gustou moita a película de Asterix e Obelix que vimos con nosos pais...
  • Ah! tamén xogamos cos nosos curmáns ao "xogo dos sostibles" no ordenador que é moi entretido...
  • Estamos desexando que nos toque volver levala, e vós aproveitade todo o que leva que o pasaredes moi, moi, ben...
  • Ata pronto...

6/11/10

O Magosto

O venres, 5 de novembro celebramos no noso colexio a Festa do Magosto.
Podedes atopar moita información sobre o outono e o magosto nesta páxina

No blog de Actividades Complementarias podedes ver unha reportaxe fotográfica e no blog de Educación Musical  a actuación do coro.