27/2/13

Preparando "Unha primavera de poemas"



Dentro do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros da Mariña, o igual que o curso pasado (“Lembrando o pasado”), propoñemos ás familias a súa participación nunha actividade que leva por título:

“UNHA PRIMAVERA DE POEMAS: apadriña unha poesía”

Esta actividade ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e moi importante na formación de hábitos lectores.
Por iso enviámosvos este formato para que acompañedes aos vosos fillos na procura dun autor, da súa obra e dun poema que lles guste. No mesmo terán que copiar a poesía, facer unha pequena obra plástica a modo de ilustración do contido do poema, inventar unha estrofa nova (si se desexa)… e por último cubrir os datos que se indican. 
Cando se remate o traballo entregarase ao titor ou titora tendo como data tope o luns, 18 de marzo.
Cos traballos faremos unha exposición no propio centro coincidindo coa chegada da primavera e o Día da Poesía (21 de marzo) e durante o mes de maio, unha exposición conxunta na Sala de Exposicións do Concello de Viveiro.

25/2/13

Hoxe homenaxeamos a Rosalía na Bibliosoños

Sesión de Formación de Usuarios Na Bibliosoños con motivo da Homenaxe a Rosía de Castro. Todos os ciclos participaron nesta actividade para  recordar á nosa máis "Ilustre galega"

 


20/2/13

Día Internacional da Lingua Materna


Desde o ano 2000, a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna.

Este ano, o Día Internacional da Lingua Materna está dedicado “ao plurilingüismo para unha educación inclusiva”, tal e como explica Irina Bokova, directora xeral da UNESCO, na mensaxe difundida con motivo desta celebración.

 

15/2/13

Día de Rosalía de Castro

O vindeiro 24 de febreiro, será o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Este ano 2013 é o 150 aniversario da publicación do seu libro "Cantares Gallegos" (1863-2013), por iso na Bibliosoños fixemos esta presentación e musicamos o poema "Has de cantar" para que o poidamos cantar todos xuntos.

 
Tamén podemos atopar moita información na páxina especial que lle adicamos a 

6/2/13

Vídeo da actividade "Mensaxes nunha botella"


Podemos atopar toda a información na páxina do 

1/2/13

Charlas informativas


Dentro do Proxecto O MAR tivemos unhas charlas informativas sobre Salvamento Marítimo, a cargo de Tito Villarmea Méndez.

Podemos ver toda a información na 

Libros no mes de febreiro

Damos comezo co tempo de Entroido

Rematamos coas actividades complementarias sobre A Paz e xa imos comezar coas do Tempo de Entroido .
A primeria das actividades que poñemos en marcha é
 O Meco manda...

Todas as actividades  podemos seguilas no Blog do Entroido

30/1/13

30 de xaneiro. Celebramos o Día Escolar da Paz

Despois do recreo, todo o colexio participamos nas actividades que quedan reflexadas no vídeo seguinte.

29/1/13

Formación de usuarios na Bibliosoños

Nos días previos á conmemoración do Día da Paz os diferentes ciclos de Infantil e Primaria foron pasando pola Bibliosoños para visualizar e traballar nos diferentes blogs e páxinas de recursos que temos dentro do blog da Bibliosoños.


24/1/13

Preparando o Día da Paz

Estamos preparando as actividades que imos a facer para conmemorar este día tan especial. Na seguinte presentación podemos ver o programa. Todas as actividades poderémolas ver no 




23/1/13

Fina Casalderrey na RAG


A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil, pois como sabemos conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

22/1/13

50 anos do libro Rayuela

 Clica na imaxe para ler o libro


A obra cumio de Julio Cortázar,  
Rayuela cumpre medio século; unha obra que, segundo especialistas, representa a entrada á modernidade.

17/1/13

Libros que falan da PAZ

Clica na imaxe 


15/1/13

Libros moi interesantes

Neste mes de xaneiro presentámosvos estes fermosos libros:
  • Libros para conmemorar o Día da Paz.
  • Catro coleccións:
    • Catro amigos y medio en... de Joachim Friedrich
    • Los cinco   de Enid Blyton
    • Nino Puzle de James Preller
    • Agatha Mistery de Sir Steve Stevenson  
 

14/1/13

Un eslogan pola paz



CONCURSO 
Para participar no concurso debes:
Facer un debuxo relacionado coa PAZ, intenta facer algo ORIXINAL, BONITO, DIVERTIDO...
e que conteña unha frase CURTA na que defendas o USO DA PAZ E DA NON VIOLENCIA!!!
ANÍMATE!!!
PARTICIPA!!!
Os premiados verán os seus debuxos feitos pegatinas...
VEÑA CABEZAS PENSANTES!!!  

8/1/13

José Gómez Casas colabora co noso colexio

José Gómez Casas foi alumno deste colexio do que garda moi bos recordos, en especial o seu primeiro día cando entrou con 3 anos, a súa avoa díxolle que... "ía á compra e que enseguida o volvía a recoller".
As súas asinaturas preferidas eran as Matemáticas e a Educación Física. Despois foi ao Instituto María Sarmiento e recoñece que lle costou un pouco adaptarse pero máis adiante, xunto co seu pai, incorporouse á Educación Secundaria para Adultos e ámbolos dous remataron os estudos. 
Iso si que é esforzo e valentía!
Jose segue a estudar con entusiamo no IES de Ortigueira o Ciclo Medio de Carpintería e incluso recoñece que tivo boas notas.
Compaxina os seus estudos co traballo na empresa de carpintería do seu pai "Che Ramón". Ao comezar a traballar a súa vida persoal toma un rumbo moi especial que el así valora, dado que se pode organizar mellor, con máis "orden" e que lle permite poder estudar e divertirse coma un rapaz da súa idade (ten 17 anos). Recoñece que a orientación do seu pai foi básica para poder emprender esta nova etapa da súa vida.
Che Ramón e Jose están a colaborar en varios proxectos do colexio: 

19/12/12

Actividades especiais polo Nadal

Estes días no cole estamos a preparar todas as actividades que polo Nadal máis nos gustan:
  • Cantar panxoliñas.
  • Recitar poesías.
  • Facer teatro.
  • Ver cine...
Todo o colexio está moi animado!
Todas estas actividades poderemos velas despois no Blog do Nadal

Lecturas para o Nadal

Como recomendación de lectura para o Nadal presentamos este fermoso libro que a Rede de Dinamización Lingüística preparou con fermosos discursos redactados por 25 escritoras.

14/12/12

Exposición do concurso de Postais e Poesía

Estas son as postais e poesías que se presentaron ao concurso convocado pola ANPA. Son uns traballos moi fermosos. Moita sorte! e xa sabedes que os premios serán entregados o xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa do Forno.