27/2/18

Preparándonos para a fase final do concurso Rosalía sempre viva

No noso colexio xa levamos a cabo a fase de selección dos participantes para  a fase final da IV edición do concurso que convoca  a Casa-Museo Manuel María

Na primeira categoría concursarán:
  • Sara Asmerón Fernández de 3º curso
  • Lucas Fernández Sierra de 3º curso
 Na segunda categoría concursarán:
  • Pedro Gil Fernández de 4º curso
  • Inés Cachón Oulego de 6º curso


FASE FINAL
a) A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 10 de marzo.
b) O concurso consistirá no recitado dun único poema por cada participante escollido libremente entre a obra en galego de Rosalía ou a de Manuel María.

Desexámoslles que pasen un día estupendo en compañía doutros nenos e nenas de diferentes colexios, que  o disfruten e estamos seguros que o van facer moi ben. Moita sorte aos catro!!!

 

23/2/18

Hoxe celebramos o DÍA DE ROSALÍA

Despois do recreo, todo o colexio marchou cara a Praza do Chao onde nos esperaban as nosas familias. Alí recitamos e cantamos moitos poemas de Rosalía.
Tamén presentamos a nosa GRAN FIESTRA que levaba unha imaxe de Rosalía e o poema Adiós ríos, seguindo a proposta da AELG.
Todo o alumnado realizou a súa fiestra para levar ás casas.
No seguinte vídeo podemos ver un resumo do acto.

VÍDEO ABRIMOS A NOSA FIESTRA


19/2/18

Día de Rosalía 2018

O 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario, unha xornada a celebrar festexando á autora.

No colexio  estamos a traballar en varias actividades:
  •  aprendendo poemas, cancións, 


O vindeiro venres, 23 de febreiro, a partir das 12:00 horas, faremos un acto de lembranza na Praza do Chao onde presentaremos todos os traballos.


https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/rosalia-de-castro-curso-17-18

EXPOSICIÓN DE LIBROS E TRABALLOS



8/2/18

Renovación das Mochilas Viaxeiras

Hoxe o alumnado de 4º e 5º curso renovaron o contido das 3 Mochilas Viaxeiras que teñen en cada curso.
A Mochila Viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.

 
A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

1/2/18

Xa estamos preparando o Entroido no colexio

NO BLOG DO ENTROIDO ATOPAREMOS TODA A INFORMACIÓN SOBRE A NOSA FESTA

https://entroido2010.blogspot.com.es/2018/

31/1/18

Celebramos o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Despois do recreo, todo o alumnado e profesorado do colexio, xuntámonos no ximnasio para bailar e cantar "cancións do mundo":
  • EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
  • ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
  • ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
  • SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985. Nós fixemos unha tradución ao galego seguindo a versión en castelá.
Tamén fixemos a entrega dun diploma á gañadora do VIII concurso "Adhesivo pola Paz": 
Sonia Mora Seijo

29/1/18

Adhesivos para conmemorar o DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA


Os traballos finalistas para elaborar os adhesivos conmemorativos xa están expostos e mañá, durante a celebración farase a entrega dos mesmos.
Os finalistas foron os traballos de:
  • Sonia de 4º Infantil
  • Raquel de 6º Infantil
  • Irea de 1º curso
  • Martina de 5º curso
E a gañadora é Sonia de 4º Infantil

26/1/18

24/1/18

REUNIÓN DA MICRORREDE A MARIÑA

Na tarde do martes, 23 de xaneiro, ás 18:30 horas, na EEI San Roque de Viveiro, reunímonos as coordinadoras e coordinador das Bibliotecas dos 14 centroS que formamos a Microrrede A MARIÑA. 
A esta reunión asistiu Chelo Guntín Rey, da Asesoría de Bibliotecas (enlace norte) e foi moi ben recibida pois para nós supuxo un recoñecemento do traballo que levamos realizando ao fronte das diferentes Bibliotecas Escolares nos xa sete anos de vixencia da Microrrede.
Seguindo a "Orde do Día" perfilamos, máis polo miudo, os diferentes aspectos que conleva poñer en marcha un novo proxecto:
  • O título do mesmo será: A Mariña pensando en feminino.
  • Datas: do luns 7 ao xoves 10 de maio, nas salas de exposicións do Concello de Viveiro (Praza Maior).
  • Posta en común dos traballos a realizar polas familias. Nesta ocasión cada centro elixirá o aspecto a traballar sendo as mulleres o tema central:
    • "A miña..."
    • "Heroínas anónimas"
    • "Escritoras..."
    • "Voces en feminino"
    • "Oficios tradicionais en feminino"
    • "Superheroínas na Mariña"
  • Actividades dinamizadoras para os días da inauguración, exposición e clausura:
    • Confirmamos a creación de dous coros con alumnado de todos os centros que conforman a Microrrede, un con nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria e outro con nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria xunto con alumnado de Secundaria.
    • Puxemos en común as cancións que poderían cantar e que non imos a desvelar para así poder sorprender os días da inauguración e clausura.
    • Ademais haberá outras actividades dinamizadoras que seguro gustarán a todo o público en xeral.
  • Reparto de tarefas: prensa, cartelería, protocolo...
A partir de agora cada centro levará a cabo o seu proxecto e expoñerao durante o mes de abril.
Serán moitas as comunicacións, a través das novas tecnoloxías, para resolver  todas as problemáticas que se vaian suscitando, pero serán as que irán motivando ás coordinadoras e coordinador da Microrrede para presentar a 7ª exposición da Microrrede PLAMBE A MARIÑA.



19/1/18

Achégase a celebración do Día da Paz e Non Violencia

Unha Cultura de Paz está formada por “todos os valores, comportamentos, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas, que acaban conformando a paz”.

O Día Escolar da Non-violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación No-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

A mensaxe básica deste día é: "Amor universal, Non Violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a No-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra".
No noso blog  podemos ver todos os traballos que realizamos no colexio:

Día escolar da Paz e Non Violencia

http://diaescolardapazenonviolencia.blogspot.com.es/

 

9/1/18

Primavera das Letras

http://primaveradasletras.gal/
Acabamos de recibir este Diploma polo noso traballo no proxecto PRIMAVERA DAS LETRAS sobre Carlos Casares, traballado no curso 2016-2017.

21/12/17

FELICES FESTAS!

Chegamos ao remate do primeiro trimestre deste curso 2017-2018.
Como xa é tradicional preparamos un Gran Festival e tivemos a visita do Apalpador. 
Visitade o Blog do Nadal onde están todos os vídeos deste gran día.
Bo Nadal e Feliz Aninovo 2018


http://nadal09-10.blogspot.com.es/2017/

20/12/17

Proxecto Documental: Viveiro, o noso Concello

Presentamos hoxe a páxina do Proxecto Documental que estamos a traballar este curso:
https://sites.google.com/site/viveiroonosoconcello/

Nela iremos subindo todas as actividades en relación ao proxecto. 
Neste 1º trimestre fixemos:

14/12/17

Actuación do coro do colexio no Mercado Solidario

As nenas e nenos que participaron no Mercado Solidario cantando no coro do colexio fixeron unha actuación que foi moi aplaudida tanto polos usuarios da Residencia coma polas súas familias que acudiron a ver o pequeno concerto. Fixéronno moi ben, noraboa!
No seguinte vídeo podemos ver a actuación.

13/12/17

Preparamos o NADAL 2017

Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o xoves, 21 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.


E como se pode observar no seguinte vídeo todo o colexio ten ambiente do Nadal:
  • Belén realizado a partir dos envases dos iogures bebibles e decorados con moita imaxinación polas familias. Noraboa polo voso traballo!
  • Tarxetas postais
  • Estrelas de Nadal
  • Bolas decorativas realizadas polo alumnado de 1º e 2º curso
  • Rincón dos libros sobre o Nadal
  • Música de panxoliñas cantadas polas nenas e nenos do colexio de diferentes promocións

12/12/17

MERCADO SOLIDARIO NA RESIDENCIA GERIATROS DE VIVEIRO

O vindeiro xoves, 14 de decembro, vaise levar a cabo o IV MERCADO SOLIDARIO, na Residencia de Maiores GERIATROS de Viveiro.
O noso Colexio tamén vai participar entregando 25 CD,s con panxoliñas cantadas polos nenos e nenas de diferentes promocións dende o ano 1998 ata o presente.

Ademais, ás 17:00 horas, o coro formado por uns 45 nenos e nenas farán unha pequena actuación para os residentes e para o público en xeral que acuda a este mercadillo.

RESUMO DO CD

11/12/17

Libros novos en decembro

Máis novidades para a Bibliosoños!!!




3/12/17

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

http://www.un.org/es/events/disabilitiesday/
En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas a mellorar a situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamamento aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.
Deixamos nesta entrada uns vídeos resultaddo dun proxecto desenvolvido con motivo desta celebración e que organizaron dende o CEIP de Cervo coa colaboración de 30 colexios de toda Galicia.
Partindo do libro Está bien ser diferente de Todd Parr, traducido ao galego e posto en escea de formas moi diversas polo alumnado dos diferentes colexios.
 ENTRADA NO BLOG DO CEIP DE CERVO


                                                                             
O noso centro sae no minuto 13:27
O noso centro sae no minuto 2:18

30/11/17

Certame de Poesía Infantil "NADAL 17"

A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro convoca o Certame de Poesía Infantil como todos o anos.
Animámosvos a participar!!!
As bases podedes pedilas ao voso titor ou titora