17/2/11

Próxima visita de Abraham Carreiro

A través do Consorcio Editorial Galego S.A. o mércores, 23 de febreiro, imos contar coa visita de Abraham Carreiro, ilustrador de contos para nenos.
A charla versará sobre a elaboración de personaxes, expresións corporais, as cores e todo o que rodea o proceso da ilustración. Esperamos con impaciencia ese día pois estamos seguros de que será unha experiencia que non esqueceremos.

Na nosa Biblioteca temos dous contos da colección:
  • Contos que leen outros nenos do mundo 
É unha colección que trata de achegarnos as diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. Cada conto vai introducido pola mascota da colección, unha cigoña que gosta moito de viaxar. Durante as sús viaxes vai recopilando historias para despois contárnolas ao chegar aquí.

No hay comentarios: