11/10/12

Montaxe da exposición "O MAR"



Este martes, día 9 de Outubro, montamos a exposición permanente O MAR.
Para levala a cabo contamos coa inestimable colaboración dos exalumnos e irmáns Suso e Toni Fernández Fernández, naturais de Celeiro, bandeira dos colaboradores sempre implicados en todo tipo da actividades referente á cultura e difusión da marca Celeiro.
O material fotográfico foi cedido polo Seminario de Estudos “Terra de Viveiro”, con imaxes do seu arquivo e do fotógrafo Xavier Lombardero.

A mostra preséntase na entrada principal do colexio. 
Na parte esquerda pretendemos representar a réplica dunha chabola cos aparellos propios necesarios para a pesca: redes, agullas de coser o aparello, remos, risón… así coma unha retrospectiva con imaxes da actividade pesqueira nas súas variadas artes: cerco, arrastre, bonito…
Na parte dereita expóñense as roupas de augas e de salvamento marítimo, ademáis dos aparellos relativos á navegación, comunicación e pesca: alidada, compás, sestante, radar, sonda, bitácora, libro de navegación coas páxinas de acaecimentos…
Complétase a exposición cunha mostra de bivalvos e crustáceos do noso litoral e todo ilustrado con fotografías da memoria colectiva mariñeira do noso porto.
Dende o Centro invitamos ás familias a visitar esta exposición.



Dentro do proxecto O MAR están programadas as visitas a un barco do arrastre, a un mercante, explicación práctica de especies mariñas, así coma unha viaxe-excursión ao Parque Nacional das Illas Atlánticas con visita ao Museo da Fundación Massó. Contaremos coa colaboración dos profesionais do mar Andrés Díaz Ferro, Capitán da Mariña Mercante e Práctico de Porto, José Pino González, Capitán de Pesca e José Míguez Fernández, xefe de cancha de Puerto Celeiro S.A.

No hay comentarios: