27/1/14

Mariñeiros por un día

Singradura para escolares
(Crónica de Vicente Míguez)

Dentro da campaña que desenvolve a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo para achegar o mundo mariñeiro a escolares, este xoves 34 alumn@s do colexio de Celeiro, acompañados de dous profesores, asistiron a unha serie de actividades que lles ocuparon toda a mañá. Inciaron esta particular singradura nas oficiñas de Puerto Celeiro onde un operario da lonxa presentoulles as instalacións e dependencias da rula, detallándolles todo o proceso de comercialización do peixe, dende a descarga ata que se vende. Así mesmo, impartiu un clase práctica de distinción das especies mariñas máis comúns nos portos galegos, unha experiencia que viviron coa entrada no peirao da lancha “Playa de Cillero” que botou as capturas dunha boa marea diante do alumnado; o patrón atendeu ás preguntas plantexadas por algún neno explicándolles o arte de miños e trasmallos cos que faenan algunhas embarcacións de baixura.
Dentro da programación establecida visitaron a planta de viveiros onde gardan o marisco, asistiron a dúas charlas impartidas por Ignacio, que lles presentou o sublift, máquina para izar embarcacións de tonelaxe da baixura cando precisan reparación ou para servizo de mantemento.
Finalmente, no Centro Vicente Gradaílle, dous profesores de Salvamento Marítimo describiron cunha clase práctica as medidas de seguridade abordo así como a secuenciación nos casos de salvamento dunha embarcación.
A Confraría de Celeiro agasallou aos participantes con camisetas, material escolar ademais de información relativa ao mundo do mar,específicamente ao sector pesqueiro.

No hay comentarios: