Un ano máis, a Xunta de Galicia e a RDL súmanse á celebración do Día
Internacional da Lingua Materna. Unha celebración que busca lembrarnos o
valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan,
para asegurar a diversidade cultural, contribuír ao coñecemento humano e
potenciar a participación de todas as persoas na construción de
sociedades democráticas.
Cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a
importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas
autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios
de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico.
A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as
linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para
seren vehículo de investigación e de divulgación científica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario