O Concello de Viveiro convídanos a presenciar o xoves, día 13 de novembro, ás 11:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a obra:
As laranxas máis laranxas
de todas as laranxas
representada polo Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas está considerada como unha das principais contribucións de Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo,
2002) ao ámbito da literatura infantil e xuvenil, galardoada en 1973 co
I Premio de Literatura Dramática para a Infancia e a Xuventude da
Asociación Cultural 'O Facho'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario