Logotipo da Microrrede PLAME A Mariña. Creado por María Rolle (CEIP de Covas)
No mes de
abril celebramos o Día do Libro Infantil
e Xuvenil (2 de abril) e o Día do
Libro (23 de abril); no mes de maio As
Letras Galegas.
Por iso, dentro
do proxecto da Biblioteca Escolar e en colaboración coas bibliotecas doutros centros
da Mariña, como en cursos pasados (“Lembrando o pasado”,“Unha
primavera de poemas” e “De aqueles contos… novos finais), propoñemos ás
familias a súa participación nunha actividade que leva por título:
“O REFRANEIRO DE CERVO A
VIVEIRO”
Esta
actividade ten como obxectivo a posta en valor da TRADICIÓN ORAL E POPULAR.
A tradición oral transmite valores que
explican a importancia e a necesidade que ten o home
de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios estilos de vida e outros distintos.
de vivir en sociedade, ensinando a respectar e comprender os seus propios estilos de vida e outros distintos.
Trátase de
fomentar a comunicación e o diálogo entre a familia e o seu fillo-a,
traballando sobre os diferentes refráns
que coñecen, para despois pensar nun en concreto e a ser posible que se
utilice na nosa zona.
Por iso
enviámosvos o folio para que escribades un refrán en galego e o acompañedes dunha
ilustración ou obra plástica a realizar con técnicas libres (collage, debuxo,
manualidades…).
Cada
ano vides presentando traballos ben bonitos !!!
O traballo
entregarase ao titor ou titora tendo
como data límite o xoves, 16 de abril; cos mesmos faremos unha exposición
no colexio e na semana do 12 ao 15 de maio, unha exposición conxunta de todos
os centros participantes, na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.
Esta exposición contará con actuacións variadas dos alumnos e alumnas dos
centros e poderá ser visitada polas familias.
Grazas
pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario