Hoxe festexamos as LETRAS GALEGAS.
VÍDEOS DAS ACTIVIDADES NO COLEXIO
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego)
presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para
recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban
que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.
Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero
tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén
poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).
Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey.
A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e
foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes
populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura
significativa da literatura galega,
coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un
mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.
Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.
No hay comentarios:
Publicar un comentario