Durante esta semana e ata o día 8 de marzo, nas aulas e nas casas, os nenos e nenas do colexio van a indagar e traballar sobre esta celebración. Aprenderán o por que deste día e investigarán sobre o tema deste ano, "Por un planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero".
NESTA PÁXINA ESPECIAL atopamos moita información.
Tamén faremos unha gran exposición baixo o título:
"As mulleres da miña vida"
Por iso pedímosvos que ller proporcionedes aos vosos fillos e fillas as fotos das mulleres que para eles son importantes.
Recomendamos que as fotos veñan acompañadas dun pequeno texto onde se
indique o motivo de por que é importante esa persoa para o neno ou nena.
A foto deberá vir pegada cunha cinta adhesiva nun folio e no pé da foto o
texto.
Tamén nos valen fotografías escaneadas e impresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario